Visitas de coñecemento da biblioteca

Como cada ano procedimos nos primeiros días de curso a entregar os carnés a todos os novos alumnos, profesores e persoal non docente do noso IES. E igualmente a facer as pertinentes visitas de coñecemento da biblioteca co alumnado de 1º ESO, 1º Bacharelato e 1º Ciclo Formativo. Nestas imaxes podedes ver momentos desas visitas

O equipo da biblioteca

Desta volta temos algún cambio significativo. Deixounos Fe, que agora exerce a docencia nun centro escolar de Coruña, e a quen lle desexamos toda a sorte do mundo. E tampouco contamos directamente con Sonia, aínda que si indirectamente, pois agora exerce funcións de vicedirectora. Seguen nesta interesante tarefa Miguel Cumbraos (coordinador), Sol Rodríguez, Ana Belén Durán, Esperanza Fernández e Jorge Marcos. Incórporase ao equipo a docente de inglés Ana Cedrón, a que lle agradecemos a súa disponibilidade. E detrás dese equipo, outros docente nun “segundo equipo” que axudarán en tarefas puntuais. Grazas a todos