Lecturas obrigatorias 2º trimestre

Xa tedes no seu armario correspondente as lecturas obrigatorias de Lingua Castelá do 2º trimestre. Son as seguintes

  • 1º ESO: Intercambio con un inglés (Cristine Nöstlinger)
  • 2º ESO: Los fantasmas del paraíso (Alfredo Gómez Cerdá)
  • 3º ESO: Lazarillo de Tormes ( Anónimo)
  • 4º ESO: Marianela (Benito Pérez Galdós)
  • 1º Bacharelato: El Quijote I ( Miguel de Cervantes)
  • 2º Bacharelato: La fundación ( Antonio Buero Vallejo)

Obradoiro de candeas de Nadal

Un total de 35 alumnos ( dende 1º da ESO a 2º de Bacharelato), así como diversos profesores, participaron nun obradoiro de candeas de Nadal. A actividade en si consistía en decorar candeas empregando materiais como a purpurina, as viñas, as propias candeas…creando deste xeito un elemento decorativo coas nosas propias mans.

Outra finalidade da mesma era que os participantes coñeceran esta técnica que tamén se pode aplicar noutros materiais diferentes ás candeas, para así poder facer as súas propias creacións.

A técnica consiste en transferir o debuxo dunha tea á candea utilizando, neste caso, a purpurina para debuxar.

Nesta serie de imaxes que acompañan este post podedes ver o resultado deste singular obradoiro, actividade coordinada dende o departamento de Debuxo, en colaboración con outros departamentos do centro.

?????????????

20161219_103832 20161219_103844 20161219_103856 20161219_103927

img-20161220-wa0006

Suxestións lectoras Nadal 2016

Aquí tedes as suxestións lectoras en Galego, Castelá , Francés e Inglésl. Xa sabedes que podedes levar ata 3 fondos neste tempo deNadal, ben sexa destas suxestións ben de calquer outro material que vos interese.

Bo Nadal…boa lectura

lecturas-nadal-2016-lingua-castela

lecturas-nadal-2016-frances

lecturas-nadal-2016-galego

lecturas-nadal-2016-ingles

Cultura….

..e alimentos. Lembra que está en marcha esta campaña que dende o departamento de Relixión, en colaboración coa biblioteca, organizamos nestas datas tan especiais como son as de Nadal. Este ano situamos as caixas para as recollidas das achegas nos vestíbulos dos dous edificios. Subliñar que os alimentos que traias teñen que vir acompañados dunha suxestión musical, cinematográfica ou literaria. Para iso tes un pequeno cuestionario, anónimo, a carón das furnas que acompañan as caixas de recollida. Tan só tes que traer a túa valiosa aportación e ao tempo depositar dita suxestión. Grazas pola colaboración

Primeira reunión do Club Lector “O Xograr Lector”

Unha quincena de persoas, entre alumnos e profesores, xuntáronse para traballar sobre o libro ” Todo o tempo do mundo” do escritor David Pérez Iglesias. Foi co gallo da primeira reunión do Club Lector do noso centro escolar no actual curso 2016-2017. Dita reunión tivo lugar na biblioteca e no salón de actos. Neste segundo lugar fíxose a videoconferencia co autor do libro, que non poido desprazarse a Sarria. Tedes diversas fotos que nos lembran como foi esta primeira xuntanza

????????????????????????????????????

????????????????????????????????????

????????????????????????????????????

????????????????????????????????????

????????????????????????????????????

????????????????????????????????????

????????????????????????????????????