Un total de 35 alumnos ( dende 1º da ESO a 2º de Bacharelato), así como diversos profesores, participaron nun obradoiro de candeas de Nadal. A actividade en si consistía en decorar candeas empregando materiais como a purpurina, as viñas, as propias candeas…creando deste xeito un elemento decorativo coas nosas propias mans.
Outra finalidade da mesma era que os participantes coñeceran esta técnica que tamén se pode aplicar noutros materiais diferentes ás candeas, para así poder facer as súas propias creacións.
A técnica consiste en transferir o debuxo dunha tea á candea utilizando, neste caso, a purpurina para debuxar.
Nesta serie de imaxes que acompañan este post podedes ver o resultado deste singular obradoiro, actividade coordinada dende o departamento de Debuxo, en colaboración con outros departamentos do centro.