Unha quincena de persoas, entre alumnos e profesores, xuntáronse para traballar sobre o libro ” Todo o tempo do mundo” do escritor David Pérez Iglesias. Foi co gallo da primeira reunión do Club Lector do noso centro escolar no actual curso 2016-2017. Dita reunión tivo lugar na biblioteca e no salón de actos. Neste segundo lugar fíxose a videoconferencia co autor do libro, que non poido desprazarse a Sarria. Tedes diversas fotos que nos lembran como foi esta primeira xuntanza