Fin de curso de 4º de eso: Viaxe a Dublín .

VIAXE A DUBLÍN 4º ESO

Marchamos todos emocionados pola mañá cedo en autobús porque tiñamos que estar a media mañá na T4 do aeroporto de “Barajas”. Antes de sair no avión algúns estabamos merviosos, outros emocionados e outros preferían ir a Irlanda en autobús. Ao chegar a Dublín o primeiro que fixemos foi deixar as maletas no albergue, o Dublin International Hostel, e saímos a dar unha volta por O’Connell Street para cear.

Ao día seguinte tocou andar. Fixemos unha visita guiada pola mañá e despois de comer deixáronos ir de compras. A noite, ao ir a sala de xogos coñecemos uns italianos que tamén estaban de excursión.

No seguinte día andamos un montón. Visitamos dúas igrexas, o concello e o museo arqueolóxico e esa noite volvemos coñecer xente nova. Esta vez eran uns surafricanos.

Ao día seguinte fomos ao pobo mariñeiro de Howth onde tamén fixemos unha visita turística polo pobo.

No día seguinte visitamos o museo dos escritores e o Dublin Castle onde a nosa profesora de inglés nos fixo unha demostración do que é saber inglés traducindo a guía mentres nos ía explicando.

Ao día seguinte fixemos a visita máis esperada de todas, a da fábrica Guinness, aínda que algúns non foron debido a un problema co dublin Pass.

Ao último día ao noso pesar regresamos ao aeroporto de Dublín e de aí para a nosa casa. Así remataba unha viaxe que nunca olvidaremos.

ERIC LÓPEZ LÓPEZ. 4º ESO C

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES CURSO 08-09

Os comentarios están pechados.