Lingua francesa no Camiño a Compostela

54 alumnos do IES Xograr Afonso Gómez, correspondentes a 3º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, tomaron parte nunha actividade con obxectivo lingüístico no Camiño Francés a Compostela, ao seu paso por Sarria,  proposta polo departamento de Francés, e que desenvolveuse o  pasado venres 5 de maio.

 

A primeira parte da actividade consistía en reunirse con persoas que viven e traballan en Sarria, que por razóns de variada índole – familiar, traballo, estudos, emigración, inmigración, sociais, culturais, formativas, etc. –aprenderon a lingua francesa nun momento determinado e a empregan nas súas ocupacións laborais cotidiáns. Tomar algo con iles ao tempo que falaban nesta lingua estranxeira que os rapaces e rapazas estudan no citado centro escolar, era a filosofía deste exercicio oral. Para ilo contouse coa colaboración de Hotel Alfonso IX, Albergue Monasterio La Magdalena, Supermercado O Chanto Covirán, J.Delbeau Productos Innovadores, Antiguos propietarios de Bar Camino Francés, Bar Cervecería 8 milímetros, Café Bar A Travesía dos Soños, Axencia Tee-Travel e Oficiña de Turismo de Sarria, que axudaron amable e gratuitamente nesta tarefa con finalidade pedagóxica e lingüística.

 

A segunda parte desta actividade lingüística consistía en buscar peregrinos francófonos en diversos puntos da ruta xacobea ó seu paso por Sarria, dende a entrada do camiño por Vigo de Sarria ata as proximidades de Ponte Áspera, incluíndo ademais lugares frecuentados polas persoas que fan este itinerario, como son as estacións de bus e tren, as tendas de alimentacións, os albergues, o exterior do centro médico, a oficina de turismo, etc. O obxectivo que se pretendía era charlar con eles en francés, saber cousas dos aspectos da súa viaxe, das vivencias no camiño, aspectos que os estudantes  podían recoller en papel e lápis ou ben usando ás novas tecnoloxías, dígase cámaras dixitais de imaxe ou vídeo, gravadoras de son, teléfonos móbiles, MP3 ou MP4, tabletas, etc.

 

Unha serie de preguntas baseadas en `diversas informacións sobre Sarria, así como un posterior traballo en casa, sobre o vocabulario da vestimenta do peregrino e das partes da catedral, compuxeron a terceira parte desta actividade realizada nunhas datas do ano onde Sarria póblase de peregrinos que camiñan a Santiago, sendo bo parte deles de nacionalidades foráneas. Un día moi interesante para poñer en práctica os coñecementos en lingua francesa aprendidos nas aulas.

Moita variedade no libro do libro….

..mesturando soportes varios, é dicir teatro, power point, audio. Aquí tedes todo o resultado, ainda sen incluir os materiais presentados polos alumnos, para o que faremos outra entrada.

 

 

Poesía….moita poesía

…non so o Día propiamente dela ( 21 de marzo), senón en días posteriores, pola lóxica de exames e avaliacións, así como por dar máis tempo a este interesante xénero literario. Traballouse con diversas propostas aos departamentos lingüísticos, implicándose desta volta Clásicas, Francés, Galego e Lingua Castelá. Creáronse poesías, traballouse con clásicos adaptados a nenos de Atención Educativa, percorreuse a poesía actual a través de videos, analizáronse obras maestras da poesía española en versións para adolescentes, e incluso mixturouse poesía e…auga…co gallo do Día da Auga.

Tedes aquí unha serie de fotos que ilustran esta actividade interdisciplinar.