Derradeira sesión do Club Lector no presente curso
O Club Lector “O Xograr Lector” pechou o curso 2016-2017 coa sua derradeira sesión, a correspondente ao terceiro trimestre, celebrada o mércores 31 de maio. Anteriormente traballouse coas novelas ” Todo o tempo do mundo” e “Valkiria Game Over” de David Lozano, decidindo desta volta facer unha sesión diferente. Así, aproveitando a bonanza climatolóxica, os profesores e alumnos participantes reuníronse no patio do instituto para conversar sobre suxestións lectoras que cada un aportou. A variedade de títulos, autores e incluso xéneros literarios, formou parte desta reunión que resultou do agrado de todos os participantes.

