Xuntamos en documento de word a lista dos títulos propostos este curso, así como un pequeno comentario sobre cada un deles. Xa sabedes, profes, persoal non docente, pais, nais, avós….
Día: 25 Novembro 2016
Club Lector – 1ª reunión
Lembrar que o vindeiro martes 30 ás 15h45 temos a primeira sesión do Club Lector “O Xograr Lector” do presente curso. Traballaremos co libro ” Todo o tempo do mundo” do profesor e escritor David Pérez Iglesias. E temos unha sorpresa preparada….así que xa sabedes…vide o martes
Contra a violencia de xénero
…que hoxe é 25 de novembro. Diversas accións – exposición de materiais varios, música do noso “DJ Xograr”, cartelería, etc. Traballo multidisciplinar de Biblioteca, Normalización Lingüística, Ciclo de Atención a Dependentes, etc.
Aquí tedes material fotográfico que o mostra
Tomemos conciencia!!!