Arquivo por etiquetas: voluntarios

Alimentos e cultura unidos da man no Xograr

Alimentos

Un ano máis promovido polo departamento de Relixión, iniciamos unha campaña de recollida de alimentos destinada a Cáritas Sarria. Todos aqueles que queiran participar deberán traer alimentos non perecedeiros e deixalos nunhas caixas que temos preparadas para tal fin na biblioteca.

Ademáis  a túa aportación ten que vir acompañada dunha pequena recomendación sobre un libro, unha canción, un tebeo, unha película, etc que che guste, cubrindo unha ficha que aportará o profesor de relixión, e que tamén tedes á vosa disposición na biblioteca ou podedes descargar aquí.

Alimentos e cultura...

 

Advertisements

1 comentario

Arquivado en ACTIVIDADES 15-16

OS NOSOS VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA

VoluntariosEste curso 2013-2014 temos uns colaboradores moi especiais na nosa biblioteca. Trátase dun grupo de 4 alumnos, 3 de 2º de ESO e 1 de 2º de Bacharelato. Colaboran con moito interese en tarefas tan variadas como recolocación de fondos, montaxe de exposicións, colocación de material informativo, etc.
 
Grazas Lorena, Paula, Juan e Iván pola vosa inestimable axuda.

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES 13-14