UN CROQUE MONSIEUR PARA REMATAR O CURSO


Os alumnos de 1º Bacharelato puxéronse o delantal para, na clase de Francés-2, elaborar un sinxelo “Croque Monsieur”, emparedado típico da cociña gala. Vémolos aquí co producto elaborado. Aproveitamos para deixarvos a receita por se queredes practicar neste tempo de lecer.
 
Ingredientes (para 4 persoas)
* 300 gramos de xamón cocido
* 1 paquete de pan de molde, mellor sen corteza
* 100 gramos de queixo raiado gruyère
* 1/4 de litro de nata
* 3 xemas de ovo
* Sal
* Pementa
Preparación:
1)Nunha cacerola misturar a nata, as xemas e o queixo raiado. Quentar ata que o queixo funda. Botar sal e pementa.
2) Poñer a pasta sobre unha rebanada de pan, logo outra de xamón e cubrir cunha rebanada igualmente coa pasta. Presionar lixeiramente. Poñer pasta por enriba e engadir un pouco de queixo raiado.
3) Facer deste xeito tantas como chegue coa pasta disponible.
4) Poñer no forno a gratinar.
5) Comer mentras esté quente.
Dous pequenos consellos
– Empregar leite semidesnatada se se considera que a nata é moi forte
– Pódense por taquiños de xamón serrano no interior do emparedado.

BON APPÉTIT

ACTIVIDADE LINGÜÍSTICA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Un total de 26 alumnos do IES Xograr Afonso Gómez, pertencentes a 3º e 4º da ESO, asi como 1º e 2º de Bacharelato, participaron nunha actividade lingüística no Camiño de Santiago proposta polo departamento de Francés.

 A primeira parte da actividade levábase a cabo con persoas sarrianas que por razóns de índole diversa – familiar, traballo, emigración, sociais, culturais, etc –aprenderan francés no seu momento e o empregan sobre todo nas súas ocupacións laborais cotidiáns. Para ilo contouse coa colaboración de persoas de Cafetería Xuxú, Bar Camiño Francés, Albergue Internacional, Hotel Mar de Plata, Hotel Alfonso IX CH, Hotel Oca Vila de Sarria e a Oficina de Turismo de Sarria, que prestáronse a charlar cos estudantes en lingua francesa.

  A segunda parte da mesma consistía en buscar peregrinos francófonos en diversos puntos da senda xacobea ó seu paso por Sarria, dende Vigo de Sarria ata a Ponte Áspera, incluindo ademáis lugares frecuentados polos que fan este itinerario como son os supermercados, o exterior do centro médico, a oficina de turismo, etc. O obxectivo era falar con eles en francés, preguntándolle por aspectos da súa viaxe, vivencias que se podían recoller en papel e lápis ou ben recurrir ás novas tecnoloxías chamadas cámaras dixitais de imaxe ou video, grabadores de son, teléfonos móbiles, MP3 ou MP4, etc.

Un cuestionario gramatical, baseado en diversos monumentos de Sarria, foi a terceira parte desta actividade que veu acompañada dun día irregular, con choiva e algo de sol tamén, o que non incidiu no espíritu de colaboración que amosaron os alumnos participantes.

O pase de diapositivas require JavaScript.