La ladrona de libros
Markus Zusak
Nun tempo pasado, había unha vila onde as noites eran longas e a morte contaba a súa propia historia. Na vila vivían unha rapaza que quería ler, un home que tocaba o acordeón e un rapaz xudeu que escribía contos fermosos para escapar dos horrores da guerra. Ó cabo dun tempo, a nena convertiuse nunha ladroa que roubaba libros e agasallaba palabras. Con esas fermosas palabras escribiu unha historia bonita e cruel que agora xa é unha novela inesquecíbel.
Los juegos del hambre
Suzanne Collins
‘Los juegos del hambre’ é unha novela de ciencia ficción adulto-xuvenil. Trasládanos a un futuro indeterminado, a unha nación dividida en doce distritos empobrecidos que son gobernados pola tiranía dun goberno poderoso chamado o Capitolio, que cada ano organiza un cruel espectáculo televisivo onde os participantes deben matarse entre si ata que só quede un sobrevivente.