Marabilloso menú que nos ofrece a rapazada de 3º PMAR coa inmellorable compaña de Lola Chaos, a nosa compañeira de Lingua Galega.
Etiqueta: #biblioxograr
Regueifando na biblio: obradoiro de improvisación oral con Sara Marchena
Á proposta do Servizo de Normalización Lingüística do centro, desenvolvéronse dúas xornadas vibrantes e sonantes vencelladas ao coñecemento da regueifa e da improvisación oral gracias a Sara Marchena, coñecida regueifeira e profe no centro.
A rapazada de 1º de ESO puido poñer en práctica as súas aptitudes e botamos boa conta que non se lles daba nada mal!!
Todo un privilexio poder contar coa xenerosidade e o entusiasmo de Sara nesta fantástica actividade.
BELEZA NO REFUGALLO: APRENDER DO REUTILIZAR
Durante estas últimas dúas semanas, o alumnado de 2º ESO C estivo a traballar na materia de Xeografía e Historia nun proxecto moi interesante: coñecer a arte medieval a través da reutilización do plástico.
Estudaron e investigaron a técnica bizantina do opus tesellatum (mosaico de teselas) a partir dos mosaicos de Xustiniano I e a emperatriz Teodora que están situados na igrexa de San Vitale de Rávena, en Italia.
Tomando estas referencias, e coa axuda dunha plantilla, recolectaron todo o refugallo de plástico de artículos que foron consumindo e recortárono en forma de teselas que logo foron colando na propia plantilla.
O resultado é impresionante como podedes ver. Este traballo pasou a formar parte do proxecto de centro que está a desenvolver a Vicedirección, no ámbito do programa “Generación Eco”