CLUB DE LECTURA

 TERCEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

Xa coas cabezas pensando nos exames de xuño, os habituais do Club Lector reuníronse por terceira vez no curso actual, desta volta á correspondente ao derradeiro trimestre do ano.

Como sabedes, a obra escollida foi Muerte a los coches do escritor Blake Nelson. Para reflexionar sobre esta novela reuníronse un total de doce alumnos e seis docentes, que aproveitaron igualmente para aportar suxerencias lectoras ben dirixidas a este Club Lector como a versión “ON-LIne-Adultos”.

Desta volta, a reunión tivo lugar no patio do instituto, convertido para a ocasión nun pequeno foro de discusión. E para ser consecuente co título do relato nos coches dos profesores colocáronse sendas esquelas funerarias indicado o R.I.P. do modelo ( Golf, 306, Altea, Xsara..)

This slideshow requires JavaScript.

3ª reunión do Xograr Lector

MUERTE A LOS COCHES  de Blake Nelson.

 

 Deixamos a reseña da Editorial SM:

James Hoff ten dezasete anos e non sabe moi ben que quere facer na vida. Só sabe que o mundo se abalanza cara á destrución total, pilotado por unha raza de seres (os humanos) ávidos de diñeir3ª reunión Club Lector_001o e habituados a luxos parvos aos que non son capaces de renunciar.

Si: a situación é desesperada, e non hai nada que se poida facer respecto diso salvo escribir textos furibundos que, ao final, só le o profesor de Lingua. Se polo menos Sadie Kinell cortase dunha vez co pesado de Will e volvese con James, talvez este puidese ver o mundo de maneira diferente.

Pero iso é tan pouco probable como que desaparezan os coches. Ou máis.

XA PODES COLLER O LIBRO NA BIBLIOTECA 

INTERESANTE E AMENA SEGUNDA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

“O XOGRAR LECTOR”

 

Máis de vinte persoas, entre alumnos de ESO e Bacharelato, e profesores, reuníronse na biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria para participar na segunda sesión do Club de Lectura no presente curso académico 2015-2016.

 Igual ca outras veces a presenza dun escritor ou escritora dinamizou a sesión. Desta volta foi o vigués Santiago Lopo, autor de coñecidas obras da literatura galega actual como “Game Over”, “ Hora zulú ou “A diagonal dos tolos”. Neste caso a presencia do novelista foi para dialogar cos participantes nesta actividade cultural sobre a súa novela “Peaxes”.

 

 A obra, que conta as reflexións que fai sobre diversos aspectos da nosa vida un peaxista, é dicir quen cobra as peaxes nunha autoestrada, foi do agrado de todos os participantes, que atoparon resposta as súas preguntas nas verbas do propio escritor. Para a ocasión a biblioteca do instituto sarriano mudou a súa decoración, adaptándose un pouco a realidade da novela, estando ambientada como si dunha autoestrada con cabina de peaxe incluida fose. 

Peaxes no club de lecturaXornalismo e literatura na primeira reunión do “Xograr Lector”

Vinte entusiastas da literatura, entre profesores e alumnos, reuníronse hoxe mércores na primeira sesión do club lector “O Xograr Lector”, na biblioteca do instituto Xograr Afonso Gómez. Desta volta traballábase arredor do texto de Alfredo Gómez Cerdá “Los fantasmas del paraíso”, novela que aborda temas moi presentes na sociedad de hoxe en día.

Para debatir cos alumnos e profesores sarrianos o centro escolar contou cun ex-alumno, hoxe en día redactor-xefe do xornal “El Progreso” José Manuel Fernández Freire, que falou de diversos temas vencellados directamente ca súa profesión, facendo fincapé a maiores en apartados moi candentes nos tempos que nos tocan vivir como a corrupción, o suborno ou a prevaricación, que veñen claremente reflexados na novela escollida neste primeiro trimestre.

Despois da charla veu o momento do relax e nada mellor que algo típico de Galicia e do outono. Así, profesores, alumnos e o convidado degustaron unhas castañas para por fin a unha tarde de literatura, xornalismo….e gastronomía.

 

PRIMEIRA SESIÓN PRESENCIAL

CURSO 2015-2016

CARTEL

Fantasmas do universoXa temos libro para a primeira sesión do club de lectura: Los fantasmas de paraíso de Alfredo Gómez Cerdá. En breve estarán os exemplares na biblioteca a vosa disposición e publicaremos a data da reunión.

De que vai o libro? Deixamos unha pista….

 Até onde chega a nosa responsabilidade nas accións dos nosos pais?Pablo é o fillo menor dunha poderosa e adiñeirada familia española. Actualmente estuda en Suíza, coñeceu a Bettina, namoráronse e a vida sorrilles. Ata que o pai de Pablo é detido e encarcerado pola súa implicación nun caso de corrupción. Será entón cando todos os principios de Pablo cambaléanse e na súa mente aparecen miles de preguntas: queé peor un ladrón ou un asasino? O meu pai é un ladrón? Todo o mundo pode ser un ladrón?

 OS INTERESADOS EN PARTICIPAR, ESTADE ATENTOS!!

 

 

 


Terceira reunión do Club  de Lectura ” O Xograr Lector”
O martes 19 de maio tivo lugar a terceira reunión do noso Club Lector, a correspondente ao derradeiro trimestre do actual curso 2014-2015. Se na primeira contamos coa escritora coruñesa Andrea Maceiras e na segundao aprendimos rap e poesía a través da asociación ” Vella escola” nesta o protagonismo recaeu nos propios integrantes do “Xograr Lector”, é dicir profesores e alumnos. 
 
Sinxelamente porque desta volta non  se traballaba arredor dun so texto, senón que de diversos. Desta forma todos os protagonistas aportaban un libro lido, que resultou interesante para cada un, engadindo igualmente un sinxelo comentario para saber máis  e ao tempo “encandilar” a novos lectores. As obras propostas por estes intrépidos e constantes amantes da lectura pertencían  a escritores tan variados como Ruiz Zafón, Muñoz Molina, Laura Gallego, Ramón Caride, Santiago Lopo, ou incluso Laura Norton, Isabel Allende ou James Smith.

This slideshow requires JavaScript.

 
Nesta derradeira sesión do actual curso aproveitouse para agradecer a participación de Carmela Cela e Eva Melle, veteranas membros do “Xograr Lector”, dende que entraron no noso centro en 1º ESO. Agora afrontan os seus derradeiros días no instituto xa que rematan este ano o seu periplo nel tras cursar 2º de Bacharelato. Desexámoslles o mellor na súa nova andaina académica, lembrándolle que ainda na distancia poden seguir colaborando con este club lector.
Tedes  aquí a lista dos libros recomendados polos participantes nesta terceira sesión“.

Moita “marcha” na segunda sesión do Club Lector

Avanza o segundo trimestre e nel desenvolveuse a segunda sesión do Club Lector “O Xograr Lector”. Despois da exitosa primeira, coa presenza da escritora coruñesa Andrea Maceiras, xiro importante de conceptos e enfoque nesta celebrada a finais de febreiro.

Para isto contamos coa axuda da asociación noiesa “ Vella Escola”, que nos presentáron un menú moi interesante. Da mans dos seus monitores Pablo e Esteban “Risk” descubrimos moitas cousas sobre estilos musicais con moita poesía como son o “Hip-Hop” e o “Rap”.

Primeiro foi tempo de descubrir a historia destes movementos, como naceron, en que se fundaron, quenes foron ou son os seus principais músicos. Despois chegou o tempo de “rapear” poemas diversos, algúns tradicionais, outros más innovadores. E finalmente, entre os profesores e alumnos presentes – éstes últimos de ESO e Bacharelato – crear un singular “rap”, cuxa letra xira arredor do noso Club Lector. Tarde pois moi “marchosa” que nos permitiu ver a cara poética dos citados movementos musicais con moito arraigo urbán.

A ESCRITORA CORUÑESA ANDREA MACEIRA FALOU DA SUA OBRA NA PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR DO IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ DE SARRIA

Este mércores 12 tivo lugar a primeira sesión presencial club lector “ O Xograr Lector” no curso actual, unha actividade de difusión da lectura moi instaurada no IES Xograr Afonso Gómez.

 Unha veintena de participantes, entre profesores e alumnos de diversos niveis educativos, compartiron a experiencia de falar sobre un libro coa escritora couñesa Andrea Maceiras, autora do libro escollido “Nubes de evolución”. A novelista, gañadora de diversos premios de narrativa, comentou diversos aspectos da citada obra, así como doutras escritas tamén por ela. 

Ao remate da animado e proveitosa actividade a  novelista e os participantes degustaron un café e un colacao, bebidas moi presentes na citada obra literaria, todo elo acompañado dunhas golosinas “nubes”…en relación directa co título do libro escollido. Andrea Maceiras aproveitou igualmente a súa presenza para asinar diversos exemplares da súa novela.

This slideshow requires JavaScript.

 A ESCRITORA CORUÑESA ANDREA MACEIRA PARTICIPA NA PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR DO IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ DE SARRIA

ANDREA MACEIRAS 3 Este mércores 12 de novembro, entre as 15h30 e as 17h15 terá lugar a primeira  sesión do club lector “ O Xograr Lector” no curso 2014-2015, unha actividade de  difusión da lectura moi instaurada no IES Xograr
Afonso Gómez.

  Profesores e alumnos compartirán opinións arredor do libro “Nubes de evolución”   da escritora coruñesa Andrea Maceiras, que se desprazará ata Sarria para participar en    dita reunión, que terá como epicentro a biblioteca do centro educativo sarriano.

 Lembrar que en cursos pasados outras persoas vencelladas a diversos sectores da  cultura xa compartiron este tempo de lectura compartida con alumnos e profesores do  citado instituto. Foi o caso do coñecido mago local Roberto Lolo, no curso 2012-2013, ou do polifacético artista coruñés Xurxo Souto, que o fixo no 2013-2014.

 

ANDREA MACEIRAS LAFUENTE

  • Naceu en A Coruña en 1987
  • Licenciouse en Filoloxía Hispánica
  • Cursa actualmente estudos de Filoloxía Galega, compaxinados cos da súa tese de Doutoramento na Universidade da Coruña
  • Obtivo en varias ocasións o primeiro premio do Certame Literario do Concello de Cambre en narrativa e poesía
  • Acadou o segundo premio do X Certame Literario de Relatos Curtos “Os Viaductos” (Concello de Redondela) co relato “ Cando foi a última vez que pasou fame de  verdade?”
  • Gañou o I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior con “Proxecto Bolboreta”, obra que foi publicada na colección “Fora de Xogo” no ano 2007.
  • Finalista en 2010 do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia
  • Gañadora tamén en 2010 do 4º Premio Meiga Moira coa obra “Violeta Tamurana”
  • Finalista do Premio da Edición 2010
  • Finalista do Premio Frei Martín Sarmiento 2011
  • Finalista con “ Nubes de evolución” do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2011
  • Premio Fervenzas Literarias 2014 ao mellor libro xuvenil

 

 

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DO CURSO 14-15

O vindeiro mércores 12 de novembro, ás 15.30 h, na biblioteca do Xograr, faremos a primeira reunión do club de lectura. O libro escollido  nesta ocasión é Nubes de evolución da escritora coruñesa  Andrea Maceiras.

 NUBES

Nesta novela a autora  mostra que podemos ser  quen de virar a nosa historia e loitar para dar as costas ás decepcións e aos engaños. Nubes de evolución é unha historia intimista de fríos e soidades. Os seus personaxes principais teñen en común unhas vidas imperfectas que non encaixan na sociedade tal e como está concibida: unha moza de dezanove anos cunha filla pequena, un rapaz problemático e un profesor de secundaria viúvo e frustrado coa súa profesión. …..

 

ANÍMATE A LER!

XA TES O LIBRO NA BIBLIOTECA A TÚA DISPOSICIÓN!

 

 

RESUMO DA SEGUNDA REUNIÓN

 

Libro escollido “Suad”

Data: xoves 8 de  maio ás 15:30 h (Remata ás 17:20 h)

 

Tras escoller o libro, e publicitar a convocatoria (tanto na páxina web da biblioteca como con carteis no IES), contactouse cunha exalumna do centro, Sandra López Pereiro (irmá de Laura outra alumna que forma parte do club lector), as dúas expuxeron de forma maxistral a súa experiencia como familia acolledora dunha rapaza saharaui mediante o programa  “Vacacións en paz”. Grazas a elas puidemos disfrutar a través de fotografías e anécdotas de todo o proceso de adopción.

 Para a reunión trouxemos dátiles, cacahuetes e té, ademáis agardamos a chegada dos alumnos/as con música dun cantante saharaui Ali Saidah (a canción Ma3i Zamour).

 Comenzamos a reunión cunha bonita presentación en powerpoint sobre o libro, analizamos as características de Lara (a protagonista da historia), a vida de Suad (a súa irmá adoptiva), as aficións, as referencias á literatura e a música que hai na obra e a importancia que teñen para os personaxes as novas tecnoloxías.

Tras ver un vídeo resumen do conflito no Sáhara, debatimos sobre a situación actual, o papel de España, as posibles solucións futuras,…

A parte estrella da reunión chegou coa presntación que fixeron Sandra e Laura da súa experiencia como familia acolledora dunha rapaza saharaui a través do programa  “Vacacións en paz”, recorrimos catro anos (2006-2010), máis ven catro veráns no que Salka chegou a Sarria e outro ano en que Sandra e o seu pai foro nao campamento sahararui.

Explícaronnos moitísimas cousas e axudáronnos a entender mellor o libro.

 

REUNIÓN

SEGUNDA SESIÓN

Xa temos na biblioteca exemplares da novela escollida para a egunda sesión do Club de Lectura. Nesta ocasión leremos “SUAD”

SUAD

 

Laia Rodríguez Climent é unha adolescente de quince anos que, como case todos os adolescentes do seu tempo, vive permanentemente conectada a Internet, Facebook, Twitter e outras redes sociais e comezando a descubrir a experiencia do  primeiro amor.        

  A chamada da súa irmá adoptiva, Suad, que  está nun campamento saharauí exercendo como enfermeira será o detonante para que o mundo de Laia afúndase e faga algo terrible e difícil de perdoar ou perdoarse.       

 Durante unha noite  na súa habitación, Laia falaranos dos seus sentimentos, a relación cos seus pais, a súa adolescencia e o seu primeiro amor.        

  Unha novela que nos fará reflexionar

XURXO SOUTO PARTICIPOU NA PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR “O XOGRAR LECTOR”

 

A primeira sesión presencial do Club Lector  “O Xograr Lector”,  no que participaron un total de 15 alumnos de ESO e Bacharelato, así como diversos  profesores, contou coa presenza do polifacético Xurxo Souto. Dita sesión tivo lugar no centro educativo sarrián hoxe mércores 27 e pivotou arredor do libro-audio “A caza do ghazafello”, do escritor pontevedrés Denis M.

 O coruñés Souto, coñecido por diversas facetas pero sobre todo por ser un dos exponentes da chamada “Música Bravú”, tivo parte importante neste libro-audio, pois é un dos integrantes da chamada “Orquestra das Ánimas”, que interpreta a música creada por Marcos Paino para esta singular historia.

 Souto participou activamente nesta sesión de lectura en común, agasallando aos presentes con historias relacionadas con certas tradicións galegas, epicentro deste conto cuxo protagonista é un neno chamado Lois, e onde elementos típicos da nosa cultura como son o can de palleiro, a empanada, os trasnos ou as meigas están moi presentes.

O multidisciplinar artista coruñés fixo gala do seu inxenio e amenizou esta primeira reunión do curso 2013-2014, interpretando para ilo diversas cancións acompañado do seu acordeón. Para rematar esta actividade académica todos os presentes degustaron empanada, algo moi presente no libro “A caza do ghazafello”, ainda que desta volta fose de mazá.

This slideshow requires JavaScript.

A primeira sesión presencial do Club Lector  “O Xograr Lector”,  no que participan alumnos e profesores  contará coa presenza do polifacético Xurxo Souto. Esta sesión terá lugar no noso centro este mércores 27 de novembro ás 15h30.

Souto acude como un dos integrantes da “Orquestra dás Ánimas”, que interpreta a música  de Marcos Paino  pertencente  ao  libro-disco  “A caza do ghazafello”,  libro escrito por Denis M.  Como sabedes, este libro foi elixido  para a primeira sesión presencial do Club Lector

Xurxo

Xurxo Souto (A Coruña, Galicia, 1966) é un cantante, acordeonista, escritor, actor, director e locutor galego. É licenciado en filoloxía clásica.

O labor que lle fixo máis popular foi a de líder e vocalista da banda de rock en galego “Os Diplomáticos de Monte-Alto” entre 1990 e 2001, pero Souto desempeñou diversas ocupacións e cargos ao longo da súa carreira.

Desde 1986 comezou a traballar en diversos programas de radio en galego, sendo o máis coñecido e lonxevo A tropa dá tralla en Radio Coruña. Tamén colaborou con varias publicacións, como a revista Bravú. Entre outubro de 2005 e xuño de 2009 foi subdirector de programas de Radio Galega, onde tamén dirixía  Aberto por reformas, espazo caracterizado pola emisión exclusiva de música en galego.

Outra das súas facetas foi a de escritor, xa que até a data publicou os libros de relatos A tralla e a arroutada (1995), Fumareu (1997) e Tres trebóns (2005); a novela Ou retorno dous homes mariños (1999) e a recompilación de artigos  Contos dá Coruña (2001), todos eles editados por Edicións Xerais.

Ademais, recentemente formou o grupo musical Os Tres Trebóns, onde se encarga da voz e o acordeón. Tamén traballou como actor en producións galegas como a exitosa serie Mareas Vivas ou a longametraxe Entre Bateas de Jorge Coira.

Actualmente traballa como director e presentador de Música Ambiente, un programa que tenta servir de portal para os músicos emerxentes galegos que mostran as súas cancións na rúa, na nova cadea autonómica privada Vtelevisión

.

Comunicamos que por diversas circunstancias APLAZOUSE A PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR, prevista inicialmente para o vindeiro mércores 20 de novembro. En breve será comunicada a nova data.

ghazafello  Os que xa listes o libro, pois tan só agardar por esa nova data para a reunión. E os que      ainda non, vinde pola biblioteca para coller este libro-audio da primeira sesión titulada

                    ” A CAZA DO GHAZAFELLO”

CLUB

CINE E LITERATURA NO CLUB LECTOR DO XOGRAR

Aprazada no seu momento – era difícil encaixala por razóns varias – a segunda sesión presencial do Club Lector 2012-2013 tivo lugar o pasado mércores 3. Pivotou arredor do libro do vilalbés Agustín Fernández Paz “Fantasmas de luz”. E sobre dita obra falaron un grupo de profesores e unha veintena de alumnos reunidos para aportar cada un deles as conclusións que esta obra proporciona.  

Como o cine é o epicentro desta novela, había que “poñer” cine. Desta volta expusemos os fondos bibliográficos relacionados co chamado “séptimo arte”, decoramos a zona da reunión con diversos carteles das principais películas das que se fala na obra. Pero como plato forte contamos coa presencia do director cinematográfico sarriano ( e mago, tamén) Roberto Lolo, que falounos de cine, dos seus novos proxectos e deulle un toque máis especial a esta segunda reunión. Grazas Lolo por vir.

Presentación de “Fantasmas de luz”:

E falando do Club Lector un chamamento a todos os membros da comunidade escolar ( alumnos, profesores, pais e nais, persoal non docente, etc) para que participen na sesión “on -line” que temos aberta dende tempo xa. Animádevos a coller na biblioteca a obra de Philippe Claudel “A neta do señor Linh”, lela  (son poucas páxinas, lese rápido) e comentar neste blog as vosas opinión. Xa o fixeron uns cantos, así que hai que animarse e seguir comentando. Grazas anticipadas.

This slideshow requires JavaScript.

Atención: A reunión do club lector, terá lugar o vindeiro mércores 3 de abril, ás 15:30h na nosa biblioteca.

Anímate a participar!!!!!!

FANTASMAS DE LUZ

Fantasmas de luz CHOCOLATE…..NA PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR
Presentación de “Nata y chocolate”:

Mellor dito imposible pois a primeira obra deste curso do “Xograr Lector” foi a obra de Alicia Borrás ” Nata y chocolate”. Arredor dela xuntáronse cerca de 20 persoas, entre alumnos e profesores, para falar do tema do acoso escolar….e tomar un bon chocolate….aderezado con nata. Gracias á Dirección do IES Xograr e o persoal da nosa cociña puidemos degustar un bon chocolate cunha rica larpeira ao tempo que sacábamos conclusións sobre un tema á par actual e preocupante. Unha forma de mezclar literatura e gastronomía como ben demostran as imáxenes. Interesantes aportacións neste noso Club Lector, con novos membros, de cursos moi dispares, dispostos a aportar as súas reflexións. Estade atentos, pois haberá máis cousas ao longo do ano.

Xa temos data para a primeira reunión do noso  Club de lectura. Vémonos o mércores 5 de decembro as 15:30h na biblioteca do Xograr. Animádevos a participar!!!!!

1ª Sesión do club de lectura

Os libros para a primeira sesión do club de lectura xa están na biblioteca a vosa disposición. Este ano empezaremos coa novela Nata y chocolate, unha obra escollida pensando especialmente nos alumnos de 1º de ESO que queren formar parte do club.  

“Nata y chocolate”, una novela de Alicia Borrás sobre el acoso escolar

Sonia es una niña callada, triste y solitaria. La razón es que sus compañeros se meten con ella por ser albina; Lola incluso le obliga a hacerle los deberes. Nadie parece darse cuenta de esta situación hasta que una nueva profesora llega al centro y decide cambiar la situación que vive Sonia.

6 respostas a “CLUB DE LECTURA

  1. Carmela

    ¡Encantoume o club de lectura! Penso repetir seguro!!

  2. jose luis ( lois )

    Hola, preguntábame cando se saberá o libro do segundo trimestre do club lector, nun me apuntei no primeiro trimestre pero animáronme a apuntarme para este novo trimestre.( Penso que será moi divertido!!!!!!),por iso teño gañas de saber que libro se lerá!! Ata a próxima!!

  3. biblioxograr

    A seguinte reunión será a finais de febrero, anunciaremolo no blog e tamén con diferentes carteis no instituto, pero non te preocupes, quedas fichado e avisarémoste persoalmente. Estamos a valorar varios libros, esta vez en lingua galega, un deles é Retallos do diario de Adán de Mark Twain, pero estamos abertos a suxerencias, Queremos seleccionalo libro esta semana para mercar varios exemplares e así poderedes levalos a casa durante as vacacións de nadal. Estades atentos ao blog e grazas polas vosa colaboración

  4. jose luis ( lois )

    moitas grazas, estarei encantado de empezar a lelo pronto!!

  5. Martín

    O club lector paréceme moi interesante, xa que levo 3 anos acudindo a todas as reunións e cada unha que pasaba mellor.
    Animo a todos os alumnos a que se unan, que se non o sabían sube nota en lingua castelá e galega.
    Ata o ano que ven!!!