Arquivo da categoría: Uncategorized

DÍA DAS LIBRERÍAS

Desplegamos a toda a nosa “armada” de monecos relacionados co mundo do tebeo para informar sobre o día das Librerías, o 29 de novembro. Desta volta pretendíamos que todos os membros da comunidade escolar sopueran dos descontos existentes e achegáranse así para mercar algún libro. Tintin, Milou, Obélix, Dino axudaron perfectamente.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

NOVA ADQUISICIÓN PARA A BIBLIO..

CARRITO

 

 

Gracias a un supermercado local, que nolo regalou xentilmente, dispoñemos agora dun carrito tipo “super”. Xa lle puxemos o logo do Xograr. Está na biblioteca e agardamos sexa de utilidade en tarefas docentes ben diversas.

 

Deixar un comentario

26 Novembro 2014 · 5:27 pm

Quino, premio Príncipe de Asturias das Humanidades

mafaldaAgora que Mafalda cumpre 50 anos e que o seu creador, o debuxante arxentino Quino, acada un premio do prestixio do Príncipe de Asturias das Humanidades, lembra que na nosa biblio temos libros desa nena de 6 anos de humor terno e feroz…..

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES 13-14, CONMEMORACIÓNS, suxerencias de lecturas, Uncategorized

TEATRO E ACTIVIDADE DE SIMULACIÓN PARA ALUMNOS DE FRANCÉS EN LUGO

Un total de 31 alumnos de Francés segunda lingua estranxeira, pertencentes a 3º e 4º da ESO, así como a 1º de Bacharelato, participaron nunha actividade proposta polo departamento de Francés do noso centro. Para iso desprazáronse a Lugo, onde pasaron unha mañá enteira, soleada pero fría.
 
Por unha banda asistiron a representación dunha obra de corte clásico ambientada na Francia do século XVII. Era o caso dunha comedia do coñecido dramaturgo galo Molière, titulada “Tartuffe”, adaptada para un público adolescente, e que trataba temas como a hipocresía, os matrimonios de conveniencia ou os falsos devotos entre outros.
 
E doutra, unha doble actividade de simulación. Traballando en grupos de 4/5 alumnos, cun material en lingua francesa preparado polos seus profesores e planos da capital da provincia, os alumnos do Xograr debían ir descubrindo unha serie de pistas e respondendo a unha serie de preguntas, entregando ao final da mañá o resultado por escrito deste traballo colectivo.
 
Podedes ver unha serie de fotos da obra de teatro, da actividade de simulación e do grupo de alumnos participantes.

This slideshow requires JavaScript.

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES 13-14, Uncategorized, VISITAS DIDÁCTICAS

APLAZAMENTO DA PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR

Comunicamos que por diversas circunstancias APLAZOUSE A PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR, prevista inicialmente para o vindeiro mércores 20 de novembro. En breve será comunicada a nova data.

ghazafelloOs que xa listes o libro, pois tan só agardar por esa nova data para a reunión. E os que ainda non, vinde pola biblioteca para coller este libro-audio da primeira sesión titulada

” A CAZA DO GHAZAFELLO”

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

OS PRIMEIROS LECTORES DIXITAIS

Alejandro Varela Sánchez e Judith Rodríguez Alonso, os dous alumnos de 1º ESO A, son os primeiros lectores dixitais – permitide que o digamos así – que ten a nosa biblio. Trouxeron a pertinente autorización cuberta e asinada e levaron cada un deles un dos cinco e-readers que temos a disposición de todas a comunidade educativa.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

NORABOA A LUCÍA POMBO CAPÓN E CARLA LÓPEZ LÓPEZ….

…alumnas do noso IES que foron galardonadas no premio literario Gregorio Fernández. Lucía, de 2º ESO, e Carla, de 2º Bacharelato, xa obtiveran recompensa neste concurso de escritura o pasado ano e voltaron a obtela no 2013. Desta volta triunfaron de novo, nas súas respectivas categorías. Dende a biblioteca do Xograr, espazo que ambas frecuentan moito e ao que recurren con asiduidade, querémoslle felicitar, así como desexarlle a mellor continuidade posible, tanto nos seus estudos como no sempre difícil arte de escribir.                                               NNNN                     

 

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized