SUXERENCIAS DE OUTONO

 

Unha mezcla de lecturas moi variadas, de literatura española, galega e universal, xa está a vosa disposición. Gran traballo, DSCF1575 (1)coma sempre, da profesora de Lingua Castelá, Ana Belén Durán, que engadiulle pequenos comentarios  a cada texto suxerido, así como unha pequena introducción para este tempo xa de outono. A maiores rescatamos, para decorar un pouco, unha das fotos presentadas no curso 2010-2011 a un concurso de fotografía proposto co gallo do Día do Árbore 2011. Tempo de lectura tamén nestas tardes onde caen as follas, os días son máis cortos, recuperamos xerseis e chaquetas….

lecturas de  outono

NOVIDADES E XADREZ

…..na biblioteca, neste tempo primaveral que parece resistirse. Dunha banda decirvos que tedes unha morea de novidades, DSCF1391de xéneros dispares e materias diversas, nas estanterías que están ao lado do curruncho de prensa. Son libros adquiridos polos departamentos e tamén pola biblioteca, cos fondos do plan de mellora. Podedes pedilos para levar a casa e ler tranquilamente. Outro tanto coas novidades en formato multimedia que están nas estanterías de portas de cristal no pasillo que vai cara á sala de profes.

Lembrade igualmente que nos recreos durante boa parte deste mes de maio ten lugar nunha zona da biblioteca preparada para ilo un torneo de xadrez, impulsado por alumnos de 4º da ESO. Un deporte de moito pensar e de tomar decisións acertadas que, por certo, foi epicentro de non poucas novelas e películas.

Novidades para as vacacións de Semana Santa

Novedades Pascua 2013As vacacións de Semana Santa están a chamar á porta. Desde a biblioteca querémosvos propor que vos levedes un libro para gozar durante este merecido descanso. Ofrecémosvos lecturas para todos os gustos, cómics  e tamén DVDs.

Aquí tedes a lista de novidades.

Esperámosvos!!!

Segunda sesión do club lector

Xa temos a vosa disposición na biblioteca algúns exemplares do libro que imos traballar na segunda sesión.


fantasmas

A reunión terá lugar a volta das vacacións de Pascua. En canto teñamos a data fixa se  indicará en  taboleiros,  marco dixital, blog, etc.

De momento xa tedes o libro a vosa disposición na biblioteca.

Animádevos a participar!

A NETA DO SEÑOR LINH

CLUB ADULTOS

Para deixar un comentario sobre a obra neste blog só tes que premer ao fondo deste artigo en

Deixar un comentario.

Abrirase unha fiestra para que escribas o que nos queiras contar no cadrado que aparece baixo o epígrafe

Deixar unha resposta.

É necesario ter unha dirección de correo electrónico que non será publicada. Cando o teñas rematado, só tes que premer en

Enviar o  comentario.

Lecturas de Nadal

especial-de-navidad-pebChega o tempo de Nadal e dende a Biblioteca do Xograr queremos invitarte a aproveitar as vacacións para, entre outras cousas, ler.

Suxerimos unha selección de lecturas en galego,  castelán, francés e inglés para os distintos niveis de ESO e Bacharelato e como non, tamén para adultos.
Todos eles están á vosa disposición na biblioteca.

SUXERENCIAS LITERARIAS DE NADALDSCF0916

25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O domingo 25 de novembro se conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O Departamento de Orientación do noso instituto, propón unidades didácticas para traballar nas aulas a partir do corto “Amores que matan” de Icíar Bollaín ou Spots gañadores do certamen “- es + no 1º e 2º curso de ESO, “Te doy mis ojos” tamén de Icíar Bollaín para 3ºº de ESO, e a mesma película ou a miniserie de TVE  “No estás sola, Sara” para os restantes cursos.

Dende a biblioteca, querémonos unir a esta iniciativa, propoñendo a lectura dalgúns libros sobre o tema:

  • El diario azul de Carlota de Gemma Lienas

O diario azul de Carlota non é exactamente unha novela nin tampouco un diario, senón un libro dacabalo entre a ficción e a non-ficción que trata todas estas formas de violencia e ofrécenos recursos para defendernos ante situacións de perigo.

  • Quiéreme bien de Rosalind B. Penfold

Hai anos Rosalind atopou a Brian, un home viúvo con catro fillos, disposto a buscar unha compañeira con quen compartir unha nova vida. Ao principio, a súa foi unha relación apaixonada, e para Rosalind era difícil distinguir nos xestos e as palabras de Brian os primeiros signos de violencia.Os meses foron pasando, e ese home romántico revelouse como un ser posesivo, incapaz de respectar a liberdade de quen lle rodeaban.

  • El color púrpura de Alice Walker

A historia céntrase na vida de Celie, unha nova rapariga de cor, a principios de século. Celie ten 14 anos e está embarazada do seu propio pai. Continúa así a súa difícil existencia 30 anos máis. Pero Celie ten unha obsesión: aprender a ler. Non cella no seu empeño e conségueo. Aínda que o marido, o señor, llo prohibe, escóndelle as cartas, mállaa, ela apáñase para aprender a ler, mellorar a súa lectura e mediante a lectura, sobre todo das cartas da súa irmá, descobre algo do mundo e vai paulatinamente logrando un pequeno lugar na sociedade. Cinco mulleres de cor de diferentes formas vanse liberando das escravitudes.

  •   5X2=9 de Ángeles Caso, Espido Freire, Rosa Regàs, Eugenia Rico y Lourdes Ventura

Cinco escritoras españolas comprometidas contra a violencia de xénero reuníronse individualmente con outras tantas mulleres de distintas idades e clases sociais que nalgún momento das súas vidas, en ocasións ao longo de moitos anos, sufriron malos tratos por parte das súas parellas. A palabra da quinta desas mulleres, asasinada anos atrás polo seu maltratador, cobrou vida en boca do seu fillo, e ese relato pecha o libro.