Aprazado para o xoves 26 o Club Lector…

na súa segunda sesión do curso 2017-2018. Arredor do libro ” As meigas de Lupa”, a partires das 15h30 na nosa biblio. Debido á folga de estudiantes convocada para o vindeiro xoves 19, cambiouse a data da nosa reunión, que pasa agora ao Xoves 26 deste mesmo abril. Animádevos a ler o libro e a participar nesta actividade tan interesantes

Concurso de Francés

Concurso “Cherche ton français

 

Bases

  • 1) Dirixido a todos os cursos ( dende 1º ESO a 2º de Bac)
  • 2) Prazo de entrega: Do 1 de abril ao 1 de maio ( os traballos entregaranse aos profesores Rosa Mª Porto Paz e Miguel Cumbraos Álvarez)
  • 3) Os traballos presentaranse en un tamaño A4 (papel, cartón, cartolina, outros materiais), en cores ou branco e negro. Admítense presentacións a man, ordenador, collage, etc)
  • 4) Entregarase un premio por curso, é dicir un total de 6 premios se hai alumnos dos seis cursos indicados. En caso de que non houbese o departamento valoraría a posibilidade de dar máis dun por curso. Igualmente o traballo será considerado como traballo voluntario na nota final da materia
  • 5) Realizarase unha exposición con todos os traballos. Igualmente farase unha simbólica entrega de premios e a foto dos gañadores xuntos aos seus traballos saira nos soportes informáticos do centro, en Radio Xograr e na revista Aqui e Agora
  • 6) Cómo facer?
  • Opción a) Fotografiar algo que esté escrito en francés en Sarria, Samos, Triacastela, Lugo, Monforte…Facer un pequeno texto explicativo cos coñecementos de francés que se teñan en función do nivel que se curse.
  • Opción b) Buscar un “document authentique”(publicidade, información sobre un alimento, instrucións dun aparato, dun producto, etc) que veña en francés. Acompañalo dunha pequena explicación co francés que se saiba.

 

Bos números en materia de préstamos….

…consumido máis ou menos a metade do curso escolar 2017-2018, podemos dicir que levamos un total de 668 préstamos, incluíndo libros, cds, dvs, etc. Moi bos números, que agardamos vaian in crescendo como en cursos anteriores. Esforzo lector, cultural, formativo de todos os membros da nosa comunidade escolar. Grazas a todos e todas. A seguir así!!!!

Disponible o libro da segunda sesión do Club Lector 2017-218

Xa tedes exemplares na biblioteca do libro escollido, é dicir ” As meigas de Lupa” de María Solar.

Chegan uns días de vacacións nos que sempre ler é placentero e interesante. Así que, xa sabes

A reunión terá lugar na semana que vai do 9 ao 13 de abril. Se comunicará en breve o día exacto

Concurso de Ciencias

“De que Parque Nacional falamos?”

  • Organiza o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

  • Co obxectivo de coñecer espazos naturais singulares para fomentar a protección da Natureza

  • Trátase de descubrir 8 dos 15 Parques Naturais de España con pistas en formato Texto ou Imaxe

  • Dende o 9 ao 20 de abril

  • Está dirixido a alumnos de ESO

  • E como premio unha viaxe ás Illas Cíes no mes de xuño para os 5 alumnos que acerten máis respostas ( se houbese máis de 5 alumnos, farase un sorteo)

Bos números en materias de préstamos

Avanza o curso, e xa imos polo sétimo mes de clase. Entre o 15 de setembro e o 28 de febreiro a biblioteca do Xograr catalogou un total de 167 fondos ( libros, películas, banda deseñada, etc) . Tamén neste período prestáronse un total de 539 fondos. Uns números que consideramos altos e que seguirán crecendo de seguro a medida que avance o curso