CELEBRANDO O DÍA DO TEATRO

Deixando a un lado medos e temores, e sobre todo apostando por facer algo como é usar unha lingua estranxeira en público e para expresar un xénero literario, os alumnos de 2ºde Bacharelato  se atreveron a representar en francés dúas pequenas pezas teatrais adaptadas para un público estudiantil, celebrando deste xeito o Día do Teatro, que se  conmemorou o pasado día 27 de marzo.

Tras diversos  ensaios, chegou o día da verdade para os “actores e actrices”.  Ante eles un público formado por alumnos de francés do noso centro, de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato, representaron todos eles as pezas teatrais “La pause café e Le restaurant, que foron do agrado dos asistentes e serviron para subliñar como unha lingua estranxeira, neste caso o francés, serve para moito, incluído para facer teatro.

 

Grazas a Daniel Fernández Vázquez (Pierre), Lucía Méndez Gómez (Alexandre), Denise Torre Vázquez (Fanny), Miriam Balboa Arias (Étienne) e Jennifer López Alonso (Émilie) , actores en “La pause café”. E tamén a Nerea Cabanas Rodríguez (Mademoiselle Dupuis), Susana Fernández García (Mademoiselle Dupont), Noelia López Eirao (Monsieur Dumas) e Alba Díaz Rodríguez (Véronique Dubois), que representaron “Le restaurant”. Souberon correctamente estudar o seu papel, meterse na pel dos personaxes, empregar unha lingua estranxeira estudiada na aula e disfrutar con todo elo.

 

 

 

 

O Xograr celebra o Día da Poesía

O 21 de marzo, en plenas vacacións de Pascua, esta datada no calendario de lectura 2016 o Día da Poesía. Como “cae” fóra dos días lectivos dende a biblioteca – en colaboración directa con diversos departamentos impricados – decidimos adiantalo…e incluso aumentar a súa duración.

Deste xeito, e contando coa axuda e participación dos departamentos de Galego, Castelá, Francés, Inglés, Debuxo, Música e Orientación, procedeuse a realizar unha actividade multidisciplinar e moi variada, onde se deixaba liberdade ao profesor para traballar a poesía co enfoque que considerara e nas clases/grupos que decidira. Aproveitáronse os derradeiros días do segundo trimestre, no que os programas están xa cumpridos e na que se propón ao alumnado actividades con fins pedagóxicos pero de xeito máis relaxado.

Así a poesía foi traballada de formas moi variadas. Nas clases do Departamento de Clásicas lecturas de…clásicos como Horacio, Catulo, Safo ou Ovidio. En Lingua Castelá, entre outros, léeronse poemas de Garcilaso, García Lorca ou romances anónimos. Na lingua de Shakespeare traballaronse video-poemas, mentras que na de Molière o ritmo o puxeron Prévert, cantautores como Brassens, Brel ou Moustaki, o rap de John de Mado ou cancións populares versionadas para karaoke. Rosalía, Cabanillas, Curros, Manuel María ou incluso Fran Alonso ( poesía e novos medios de comunicación) foron os escollidos nas clases de lingua galega. Non faltaron a esta singular cita coa poesía os nosos alumnos con necesidades educativas especiais, que coñeceron rimas e versos de Bernardino Brañas, Bécquer, Machado ou Antón Tovao.

Grazas a profesor@s, rapaces e rapazas por prestarse a esta singular “aventura poética”, que nos permitiu coñecer e practicar un máis un xénero literario moi en vigor.

…SOÑOS E MEDOS DE MULLERES…

Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER que se celebra o 8 de marzo, temos a sorte de contar durante unha semana, coa exposición: DETRÁS DE LAS LUCECITAS, SUEÑOS Y MIEDOS DE MUJERES, cedida pola área da muller de Cáritas Lugo. Á exposición componse de fotos e reflexións de 13 mulleres que viven no mundo da prostitución. É un bo momento para reflexionar sobre unha realidade silente, pero sufrinte.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Amor e literatura

NamoradosImos esquecer ese lado comercial que se se lle ao 14 de febreiro – Día dos Namorados – e imos aportarlle un toque cultural. Unha imaxe do que a profe Ana Belén adoita preparar e lembrar co gallo desta celebración, a que temos que quitarlle ese matiz de “cursi”. Hai moito (e moi bo) amor en multitude de composicións literarias, sobre todo a poesía. Ben o sabían escritores, lectores, tamén Tintin que observa como está decorada a porta da biblio. Podes profundizar e averiguar máis cousas sobre esta data, que non só ten tintes consumistas.

Gañadores do concurso de comparsas no Entroido do Xograr

Xa podemos disfrutar todos das actuacións das comparsas gañadoras do concurso de Entroido que se celebrou no Xograr o pasado venres que como sabedes tiña como tema “O FUTURO”. A verdade é que a estes alumnos non lles falta imaxinación nen sentido do humor.

Na comparsa gañadora  alumn@s de 1º de bacharelato fixeron unha parodia do momento político que estamos a vivir ao tempo que preguntaban se este é o futuro que queremos. Recoñeces os personaxes?

Na comparsa que levou o segundo premio (moi reñido co primeiro) os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato  representaron o  seu futuro de graduados universitarios…

O terceiro premio foi para este baile de mimos de primeiro de bacharelato:

O vídeo que vén agora  ainda que é dunha comparsa que non obtivo ningún premio, paga a pena velo. Mirade os profes do futuro…

Entroido …de futuro

Non quixemos no Xograr darlle unha volta nen adiantarnos no tempo a como será esta festa tan tradicional na cultura galega. O que si fixemos foi escoller como tema o futuro, que daba para moito xogo…e non so falando de ciencia ficción, tecnoloxía, etc.
 
E así nolo quixeron facer ver as comparsas, como foi o caso da formada por alumnos de 2º de Bacharelato, que en pouco tempo enfocarán novas etapas na súa vida. Ou a de 1º de Bacharelato tamén, que parodiaba o que pode ser a realidade política española en pouco tempo.
 
Tampouco os profes quixeron alonxarse da idea, presentándose como docentes de futuro. No fondo, pasalo ben e sanamente…que tamén é necesario de cando en vez.

Paz…dende o Xograr

Cae en sábado o día 30 deste mes de xaneiro, pero no Xograr quixemos facer algo sinxelo para lembrar o Día da Paz, conmemoración sempre necesaria, e máis ainda nos tempos convulsos.
A carón da biblioteca, na parede xusto diante de secretaría,  tedes unha selección de textos, de letras de cancións, de imaxes, de datos sobre persoeiros moi vencellados aos movementos pacifistas como Martin Luther King, Dalai Lama, John Lennon, Malala, Gandhi…  O mellor é que vos paredes un momento, leades o que hai e fagades reflexión.
Así de sinxelo.
 
 Tamén vos deixamos, a presentación  titulada Mulleres de Paz, elaborada por unha biblioteca amiga, na que podemos ver unha pequena reseña das  mulleres que foron galardoadas co Premio Nobel da Paz.
 

Chega o Nadal ao Xograr

Hoxe rematamos o timestre cun montón de actividades:

Foron entregadas a Cáritas Sarria as caixas cos alimentos recollidos na actividade Cultura e Alimentos promovida polo departamento de Relixión. En breve vos contaremos as suxestións de lecturas que nos fixeron tódolos participantes.

No salón de actos  proxectouse a curta realizada polo alumnado do Xograr para o Congreso de Enciga que se celebrou no noso centro o pasado mes de novembro. Despois, alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato, dirixidos pola profesora Ana Belén Durán, representaron a obra de teatro Ciencia e Poesía e para rematar, un grupo de profesores e alumnos entoaron unha panxoliña.Panxoliña

Tamén se realizaron actividades deportivas e o clásico concurso de beléns.  Deixamos algunhas fotos do bo facer do noso alumnado. 

A biblioteca do Xograr vos desexa un FELIZ NADAL!!!

Postal de Navidad 2015-Biblioteca