14 de febreiro, San Valentín

“Poñede atención:

un corazón solitario

non é un corazón”.

Antonio Machado.

DEIXADOS ATRÁS “EROS” E “CUPIDO”, DEUSES DO AMOR DA MITOLOXÍA GREGA E ROMANA E, DENDE O ANO 498 VIMOS CONSIDERANDO COMO PATRONO DOS NAMORADOS A UN MARTIR CRISTIÁ: SAN vALENTÍN.

ALGO DE MÚSICA E POESÍA PARA CELEBRALO?

LEMBRADES A LUCÍA PÉREZ? fOI ALUMNA DO CENTRO, NATURAL DO INCIO E CANTA ASÍ DE BEN. UN BICO, LUCÍA!

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/hFfNxPVYhQg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

UN POUCO DE POESÍA, LIDA OU CANTADA? MIRADE QUE AMOR DE ENLACE!:

http://blog.educastur.es/poesia/acerca-de/

DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (5 DE XUÑO DE 2008)

 

 Este é o eslogan seleccionado para celebrar ó día Mundial do Medio Ambiente. Atoparedes información interesante no seguinte enlace:

http://www.pnuma.org/dmma2008/acerca.html

 

PARA ENTRAR EN AMBIENTE SELECCIONAMOS UN PAR DE CITAS QUE INVITAN Á REFLEXIÓN:  

“DEBO a miña  lealdade ó planeta que me fixo posible, e a toda a vida deste planeta, sexa amigable ou non. Debo tamén  a miña lealdade aos 3.500 millóns de anos de vida que fixeron posible que estea aquí, como todos vos. Temos unha gran responsabilidade ante a maior poboación de todas, os centos de miles de persoas que aínda non naceron e que teñen dereito a existir, que merecen un mundo alomenos tan fermoso como o noso, e cuxos xenes están agora baixo a nosa custodia e solo baixo a nosa”.        
David R. Brower, Presidente, Amigos de la Tierra. 

 

“NON hai un lugar tranquilo nas cidades do home branco. Ningún lugar onde se poidan escoitar como se abren as follas en primavera ou o bater das alas dos insectos…. E ¿que atractivo ten a vida se o home non pode escoitar o canto solitario da  noitarega, ou a discusión das ras no estanque pola noite?… Todo o que lle aconteza á Terra, aconteceralle aos fillos da terra. Si os homes esbirran ó chan, esbírranse a si mesmos. Sabemos esto: a terra non pertence ó home, é o home quén pertence á terra. Todas as cousas están conectadas como o sangue que une unha familia. Todo o que lle aconteza á terra aconteceralle aos fillos da terra. O home non teceu a rede da vida; é tan solo un dos seus fios.Todo o que chega á rede faillo a si mesmo.”  
                                                    XEFE INDIO SEATTLE.

Si aínda pensas que o medio ambiente non ten nada que ver contigo , le aqui.

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 17 de maio de 1963, coincidindo cos 100 anos da publicación da obra de Rosalía de Castro CANTARES GALLEGOS, celebrouse por primeira vez o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Dende entón, cada 17 de maio dedícase a unha figura da literatura galega, coa condición de que se cumpriran polo menos, 10 anos dende o seu falecemento.

Este ano está dedicado a figura de Xosé M. Álvarez Blázquez. Para coñecer á relevancia deste autor, presentámosvos un traballo feito por un alumno de 4º de ESO.

 [kml_flashembed movie="http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=presentacin-de-lvarez-blzquez-1210591255097030-8" width="425" height="355"/]

23 de abril: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Para conmemorar a morte de tres dos homes máis importantes da literatura universal celébrase o Día Mundial do Libroo 23 de abril de 1616 morreu   Miguel de Cervantes Saavedra (considerado casi unanimemente como o pricipal autor da literatura castelá), William Shakespeare (máximo representante da literatura anglosaxona), e Garcilaso, el Inca, de la Vega (seudónimo de Gómez Suárez de Figueroa, peruano considerado o máis importante dos cronistas de Indias na literatura hispanoamericana). 

 A data foi acordada de forma definitiva no ano 1995 pola UNESCO e, por exemplo, en España faise coincidir coa entrega do Premio Cervantes, que é o máis prestixioso galardón das letras hispanas.

 

No noso centro levamos varios anos celebrando este día cunha exposición de traballos presentados polos alumnos de todos os cursos e convocada polo departamento de Literatura castelá. O tema dos traballos é libre, sempre que estea relacionado co mundo dos libros, en calquera lingua, e que invite ou fomente o gusto pola lectura. 

A exposición deste ano será entre o 23 de abril e o 4 de maio.

 ¡Vén a vela!

[kml_flashembed movie="http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/a5470420.pbw" width="400" height="300"/]

SEMANA DA SAÚDE (7-11 de abril).

Porque aprender a coidarse é moi importante, a próxima semana prestarémoslle unha especial atención á nosa saúde. Reflexionaremos sobre temas fundamentais  como a nosa alimentación, o consumo de tabaco, alcol e outras drogas non legais, etc., co seguinte…

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

LUNS: Charla-Obradoiro de “Primeiros Auxilios”, a cargo de D. Jaime Capellá.

MARTES: Charla de “Drogodependencia“, a cargo de Dna. Olga Sánchez.

MÉRCORES: Charla sobre “Prevención de lesións medulares”, a cargo de COGAMI-LUGO.

MARTES E XOVES: “Almorzos saudables”.

Ó longo da semana -nos recreos-, repartirase froita para todo o alumnado. Colaboran os departamentos de Educación Física e Ciencias Naturais.

XOVES: Charla “A Alimentación da mocidade a exame: Da anorexia á obesidade”, a cargo da Dra. Conchita Rodríguez.

VENRES: Charla sobre “Consumo de alcol e tabaco” impartida por Dna. Olga Sánchez.

LEMBRA QUE “SOMOS O QUE COMEMOS”!!!

Tamén podedes consultar na biblioteca do centro libros relacionados co tema.

O alumnado de 4º de ESO, xa vén traballando en parte o tema, nas clases de Ciencias Medioambientais e Informática. A modo de exemplo, aí tedes dúas presentacións sobre Nutrición e Enfermidades carenciais.

[kml_flashembed movie="http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=nutricin-1207254039455322-8" width="425" height="355"/]

DIA MUNDIAL DA AUGA 2008: SANEAMENTO

“Nunha época na que o home ten esquecido as súas orixes e está cego respecto das súas necesidades máis esenciais de supervivencia, a auga, a un tempo que outros recursos, convértese na víctima da súa indiferencia”.

Rachel L.Carson (1907-1964). ”Primavera silenciosa”.

O 22 de marzo, celébrase o Dia Mundial da Auga, unha xornada coa que se quere denunciar que case dous tercios da poboación mundial non teñen acceso a auga de calidade. Tamén preténdese instar a institucións e particulares a actuar en favor das próximas xeracións, que sufrirán as consecuencias das nosas irresponsabilidades. A Asemblea  Xeral da ONU declarou o ano 2008, Ano Internacional do Saneamento. En consecuencia, o Día Mundial da Auga estará especialmente dedicado a ese aspecto.

NA SEGUINTE PRESENTACIÓN DÚAS ALUMNAS DE 4º DA ESO EXPLICAN EN QUE CONSISTE O SANEAMENTO DA AUGA.

[kml_flashembedmovie="http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=ciclo-da-auga-120671832266255-3" width="425" height="355"/]

125 ANOS DE TEATRO GALEGO

  

O día 13 de agosto de 1882 estreouse no Liceo Brigantino de A Coruña a que está considerada como a primeira representación teatral en lingua galega:

A fonte do xuramento de Francisco Mª de la Iglesia, destacado rexionalista e mestre de profesión.

Non cabe dúbida de que con anterioridade se terían escenificado pezas de carácter popular, especialmente para celebrar festas tradicionais, relixiosas… Pero non se documenta ningunha representación “oficial” nun teatro.

Estamos, polo tanto, de aniversario: son 125 anos os que temos que conmemorar.

Noraboa a todas e a todos!

PARTICIPA CONNOSCO!

14 de Febreiro, día dos namorados

[kml_flashembed movie="http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/a4e5c5df.pbw" width="360" height="360"/] 

A medida do amor é amar sen medida.

   (San Agustín)

Se estás namorad@- doutra persoa, dunha idea, da música, da poesía, da natureza ou da vida mesma-, celébralo connosco!!

Que razón hai para que os namorados teñan como patrón a San Valentin?

Polo século III gobernaba en Roma o Emperador Claudio II, quen decidiu prohibir os matrimonios entre xoves, por considerar que os solteiros sen familia eran mellores soldados ó careceren de ataduras. San Valentín, sacerdote de gran prestixio, desobedeceu ó emperador, celebrando matrimonios en segredo. Segundo a tradición, ata o propio emperador estivo a piques de deixarse convencer pola vida e miragres do santo e convertérense ó Cristianismo. Ante a ameaza que supoñía para o imperio, San Valentín foi condenado a cadea e finalmente executado o 14 de febreiro do ano 270. Os restos mortais do santo consérvanse na Basílica do seu mesmo nome que está situada na cidade italiana de Terni.

——————————————————————————————

Que mellor cun abrazo para demostrar  sentimentos como amor e amizade?

Varios colectivos en todo o mundo tratan de favorecer o contacto humano a través dun abrazo.  En España, Joan Planas súmase a esta inciativa e crea unha web. Xustifica a súa finalidade con estas palabras: “Desexo que esta web axude a dar a coñecer e facer realide esta marabillosa actitude para unir a todas as persoas que comparten o mesmo fin: abrazar para mellorar o mundo, porque un simple abrazo motiva o corazón e fai feliz a quen o recibe“. 

Se queres saber máis: www.abrazosgratis.org

——————————————————————————————

 CITAS

  • “As pulseiras de metal roxen si son dúas”.    Proverbio africano.
  • “O amor xamais reclama; da sempre. O amor tolera, xamais se irrita,  nunca se vinga”.      Mahadma Gandhi.
  • “A folla, cando ama, transfórmase en flor; a flor, cando ama, convértese en froito”.       Rabindranath Tagore.
  • “A medida do amor é amar sen medida”.     San Agustín.
  • “Amar é o principio, amar é a forza, amar é o método”.    Pablo VI.
  • “Quéreme cando menos o mereza, que será cando máis o necesite” .     Robert L. Stevenson.
  • “É mellor ter amado e perdido, que non ter amado”.     Tennyson.
  • “Na medida en que o sufrimento dos nenos está permitido, non existe amor verdadeiro neste mundo”.     Isadora Duncan.
  • “Non creo na vida do que non  ama nin na  morte do amado”.  Juan José Arreola.
  • “Non pode ser bo aquel que nunca amou”.      Cervantes.
  • Non  hai cura para o amor,  pero o amor é a cura de todos os males”.    Leonard Cohen.
  • A raíz de todas as paixóns é o amor. Del nace a tristeza, o gozo, a alegría e a desesperación”.    Lope de Vega.
  • “Poñede atención: un corazón solitario non é un corazón”.  Antonio Machado.

  —————————————————————————————–

O amor é un sentimento que non sempre garda relación co sexo. Mais, chegado o caso,  convén que esteas preparad@ para previr enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados. Na páxina web do MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CIENCIA (MEC) podes atopar numerosos enlaces para informarte sobre o tema:

——————————————————————————————

París é a cidade do amor.¨ De seguro que os alumnos de 4º de eso quedaredes prendados dela cando a visitedes na excursión de fin de curso. 

——————————————————————————————

flecha.gifRECOMENDAMOS DE TODO CORAZÓN…

flecha.gifDE QUE PARQUE NACIONAL SE TRATA?

——————————————————————————————

Un exemplo de amor á vida e a humanidade: RITA LEVI-MONTALCINI.

[kml_flashembed movie="http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=ritalevi-montalcini-1203200824811563-5" width="425" height="355"/]

Pensando na PAZ

  • Non hai camiños para paz; a paz é o camiño” Mahatma Gandhi (1869-1948), político e pensador indio.

  •   “Nunca houbo unha guerra boa, nin paz malaBenjamin Franklin.

  •   “A guerra é un mal que deshonra o xénero humano” FERNELON.

  • “A paz comeza cun sorriso” Nai Tareixa de Calcuta (1910-1997), misioneira iugoslava nacionalizada india.

  • “A paz esixe catro condicións esenciais: verdade, xustiza, amor e liberdade” Juan Pablo II ( 1920-2005).

  • ” A victoria nunha guerra é a maior das traxedias, se exceptuamos a derrota” Wellintong Arthur (1769-1862), xeneral e político inglés.

  • “A paz máis desventaxosa é mellor cá guerra máis xusta” Erasmo de Roterdam (1469-1536), humanista neerlandés.

  • Aínda que a guerra é o compendio de todos os males, a tiranía é o compendio de todas as guerras” Simón Bolivar

  • “Os homes construímos demasiados muros e non suficientes pontes”. Isaac Newton (1642-1727), matemático e físico británico.