Arquivo da categoría: conCIENCIAdos

Museos de Ciencia

De novo, alumnos e alumnas de 4º A animáronse a compartir con todos as súas presentacións sobre Museos de Ciencias Naturais de Madrid. Queremos agradecerlles a súa colaboración.

Esperamos que vos gusten!

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES 2012-2013, conCIENCIAdos, NOTICIAS DE CIENCIA

NO XOGRAR OS LIBROS DAN…..”DE COMER”

A idea é traer alimentos non perecederos ( garbanzos, aceite, sopa, pasta, etc) destinados a Cáritas Sarria no próximo tempo de nadal onde as carencias vense máis.

 

Esa aportación que faga cada un debe vir acompañada dun pequeno comentario sobre o libro (novela, poesía, ensaio, teatro, biografía, outros xéneros) que máis os gustara, dende que empezastes a ler ata agora. Deste xeito intentase recoller posibeis suxerencias de compra tanto para adultos como para nenos.

COMO FACER?

 a)    Na biblioteca haberá unha mesa onde atoparedes unha pequena ficha para cubrir coas impresións sobre ese libro.

b)   Dita ficha e o que boamente aportedes deberá ser deixado na propia biblioteca  nunha caixas preparadas para tal  fin.

 

GRAZAS POLA COLABORACIÓN.

 

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES 2012-2013, conCIENCIAdos

Pitágoras

Somos José Javier e Kevin. Fixemos este traballo sobre Pitágoras porque o consideramos un personaxe interesante do que no sabiamos nada, así que nos espertou a curiosidade por saber máis del. Pareceunos interesante coñecer algo da súa vida, os seus descubrimentos…

Deixar un comentario

Arquivado en BIOGRAFÍAS DE CIENTIFICOS, conCIENCIAdos

Mulleres matemáticas

Pensa un pouco: cantos matemáticos famosos coñeces?; cantas mulleres matemáticas? Si, ao longo da historia houberon mulleres matemáticas e o seu traballo é dobremente meritorio por buscar a verdade en sociedades hostís para as mulleres.

Non están todas, faltan Sophie Germain, Sofía Kovalévskaya, Emmy Noether e tantas outras….


Podedes coñecer a vida doutros matemáticos ilustres, homes e mulleres nos libros da biblioteca:

As mulleres nas Matemáticasrhmportada

Deixar un comentario

Arquivado en BIOGRAFÍAS DE CIENTIFICOS, conCIENCIAdos

BIÓLOGOS

En  Bioloxía de 4º de eso fixemos un traballo para ampliar os coñecementos sobre os científicos que máis contribuíron a bioloxía. Logo,na clase informática decidimos facer un power. Esperamos que vos guste!

Deixar un comentario

Arquivado en BIOGRAFÍAS DE CIENTIFICOS, conCIENCIAdos

NOTICIAS DE CIENCIA. COSMOLOXÍA

Algo de información sobre a

orixe do Universo.

Que había antes de que houbese nada? Como comezou todo?
Algo nos aclaran Lemaitre e Gamow coa súa Teoria do Big Bang.
Os alumnos de 1º de BAC fixeron este resumoen power:
Claro que todo estaría algo máis craro se saíse ben o experimento do Acelerador de Partículas, ou quizais non …

Deixar un comentario

Arquivado en conCIENCIAdos, NOTICIAS DE CIENCIA

Stephen Hawking

Este traballo presenta de forma resumida a vida do famoso científico chamado Stephen Hawking. Este home conta co cociente intelectual mais alto do mundo actualmente. Foi feito por os alumnos de informática 4º C do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria: Diego Fernández González e Eric López López.

Na biblioteca do colexio dispose dun relato de ficción escrito por el, La clave secreta del universo

Deixar un comentario

Arquivado en BIOGRAFÍAS DE CIENTIFICOS, conCIENCIAdos

ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA

A UNESCO declarou 2009 o Ano Internacional da Astronomía:

· Para conmemorar que se cumpren 400 anos dende que Galileo Galilei observou por primeira vez o ceo cun telescopio fabricado por el mesmo.

( Unha réplica dese telescopio consérvase no Museo de Ciencia de Florencia).

· Promover o importante papel das mulleres astrónomas.

Podes descargar un interesante calendario sobre “Astrónomas que fixeron historia” na seguinte dirección:

http://astronomia2009.es/lista_novedades/Calendario_Ella_es_una_Astronoma.html

· E finalmente concienciar a poboación sobre o problema ambiental da contaminación lumínica que, sobretodo nas cidades, non permite que vexamos as estrelas.

http://www.elpais.com/especial/astronomia/

Deixar un comentario

Arquivado en conCIENCIAdos, CONMEMORACIÓNS, NOTICIAS DE CIENCIA

conCIENCIAdos

“A VERDADEIRA GRANDEZA DA CIENCIA ACABA VALORÁNDOSE POLA SÚA UTILIDADE”

Gregorio Marañón, médico e científico español (1887-1960).

“NON PERMITADES QUE CREA TER VIVIDO DE BALDE”

Últimas palabras de Tycho Brahe, Astrónomo danés (1546-1601).

Somos cidadáns do Século XXI. Erguémonos cada día coas novas a tempo real de calquera lugar do mundo, grazas ó radio-espertador. Preparamos o almorzo no microondas. Acudimos ó traballo nalgún medio de transporte, público ou privado. Comunicámonos cos amigos por moi lonxe que estean a través do “chat”. Viaxamos en avión e tren de alta velocidade. Comemos todo tipo de alimentos, ata os máis exóticos e fora de tempada. Temos multitude de opcións para empregar o tempo de ocio. Dispoñemos de medicamentos para curar moitas enfermidades e ata podemos recambiar algún órgano defectuoso…

Non so mellorou a nosa calidade de vida, tamén vivimos máis tempo. E todo grazas ós avances científicos e tecnolóxicos.

Os máis novos, nados con todas esas comodidades, son pouco dados a reflexionar sobre como sería a vida sen elas. Moito menos valoran o esforzo dos homes e mulleres que ó longo da historia veñen sacrificando as súas vidas en prol da ciencia e do progreso.

Esta sección ven a ser o recoñecemento a todas esas persoas que fixeron posibles os avances científicos e tecnolóxicos que nos permiten vivir máis e mellor.

Deixar un comentario

Arquivado en conCIENCIAdos