Tapas #1: unha parte de todo eso que é o “libro de artista”

Sempre reivindicamos o papel das bibliotecas como polos creativos. Somos espazos fundamentais para a creación e a reflexión estética. Neste sentido, a relación entre o museo e as bibliotecas resulta imprescindible para desenvolver aprendizaxes artísticas significativas. Con este compromiso, buscamos a colaboración coa @fundacionluisseoane para organizar unha actividade en relación cunha exposición da súa actual programación ben interesante: “Tapas #1. Unha parte do todo”.

O vínculo entre arte e deseño editorial foi un dos alicerces da práctica artística de Luis Seoane, o artista que insipira o proxecto TAPAS #1. Unha parte do todo. Esta exposición está formada por case un centenar de proxectos artísticos de formato editorial realizados por 76 creadores nacionais e internacionais. É case un centenar de libros que poden ser entendidos como auténticas obras artísticas. A exposición ofrece unha mirada a evolución do propio formato do “libro de artista” en toda a súa dimensión. A mostra reflicte, sobre todo, a vocación creativa destes soportes bibliográficos a través do deseño.

Na nosa biblioteca tentatamos montar unha pequena réplica da exposición orixinal que se encontra na Fundación Luis Seoane. Parecéunos axeitado botar man do marabilloso catálogo impreso en rotativa (formato xornal) pola editorial @fabulatorio_ e montamos con el o display. A exposición orixinal pode verse na Fundación Luis Seoane na Coruña ata o 17 de abril. A nosa durará esta semana de febreiro ata o 21 de febreiro.

Agradecemos a Fundación Luis Seoane e a especialmente a súa directora Silvia Longueira pola súa cortesía e colaboración con esta iniciativa da nosa biblioteca arredor do libro de artista.