Día do docente

O pasado 5 de outubro non era so o día de San Froilán. Era tamén o Día do Docente, así que en colaboración co Departamento de Orientación decidimos facer unha pequena homenaxe a todos e cada un dos que dan clase. Para iso seleccionamos unhas frases claves que están no vestíbulo do Edificio 1. Vale a pena pararse e analizar con calma o que din personalidades sobre os profesores.

NOVA SECCIÓN

O curso pasado o persoal non docente do noso instituto (conserxes, persoal de secretaria, cociña, cafetería, limpeza) participaron na chamada sección “1 libro…1 mes”, comentando diversas lecturas de interese xeral. Desta volta, será o profesorado de linguas do centro (Galego, Castelá, Inglés, Francés, Clásicas) quen participe nela, pero agora centrándose na figura dun escritor. A correspondente ao mes de outubro xa está dispoñible para todos no taboleiro de cortiza xunto á aula de informática do edificio 1.

MARCOS DIXITAIS

Dispoñemos de dous, que se encenden ao inicio do recreo, apagándose ao remate do mesmo. Neles hai fotos que van pasando de diversas actividades vencelladas á Biblioteca. Nestes intres hai un enriba da estantería coas revistas (corredor cara á sala de profesores) e o segundo está no vestíbulo do Edificio 2, xunto a Tintin. Prégase encarecidamente que non os toquedes, pois son fráxiles. E como ben indican sempre informáticos e fotógrafos, as pantallas e as fotografías…míranse pero non se tocan.

 

PERSOEIROS DE BANDA DESEÑADA

Cando entrades no Xograr unha das cousas que vos “recibe” son tres monecos feitos por profesores e alumnos do ciclo de FP. Estamos a falar de Tintin, agora no vestíbulo do edificio 2, o seu can Milou, no curruncho da prensa do Edificio 1, e Obélix, situado no corredor xunto á biblioteca. Lembrade que son de papel-cartón, así que tratádeos con coidado xa que ben fráxiles resultan.

COÑECER A BIBLIOTECA

O novo alumnado do centro foi pasando pola biblioteca, acompañado dos seus titores respectivos no caso da ESO, para coñecer as diversas posibilidades que ofrece un lugar multifuncional como iste, ao tempo que recibir o seu correspondente carné. Esta tarefa faise cada inicio de curso, sendo un pequeno “baño” de inmersión bibliotecaria, para ir descubrindo posteriormente máis cousas no día a día.

RETOQUES

Cada inicio de curso a biblio do Xograr sufre certos retoques en espazos ou zoas, buscando sempre a operatividade dos metros cadrados existentes, os recursos que temos á nosa disposición e, porque non decilo, evitar a monotonía tanto en medios como en decoración. Desta volta, como podedes comprobar nas fotos que se xuntan, os xogos educativos están agora a carón da porta de entrada, creándose igualmente un sitio polifuncional (explicacións de profesores, lectura de xornais, uso de xogos) con dúas mesas xusto ao lado. No lateral dereito da biblioteca dispoñemos agora da zona de lectura relaxada e xunto á zoa de música, cinco novos postos de traballo indvidual. Certas estanterías (Relixión, Filosofía, Deportes, Literatura Universal e Literatura Xuvenil en galego e castelán) ocupan o corredor central, deixando á esquerda a zona de estudo, xunto as fiestras para traballar así sempre que sexa posible a luz natural. As películas e material multimedia están agora xunto á zona informática, máis fáciles de localizar, co cal no exterior hai menos apelotonamento, tan só agora os diversos taboleiros de cortiza, e as estanterias dos libros do Club Lector. Dentro están habilitadas igualmente tres estanterías, xunto á fotocopiadora, cos libros de lectura obligatoria, os libros electrónicos e o material para necesidades educativas especiais.

LIBROS DE LECTURA OBLIGATORIA – PRIMEIRO TRIMESTRE

Xa tedes a vosa disposición os libros de lectura obligatoria, de momento das materias de Lingua Galega e Castelá. Están todos eles, separados por linguas e cursos, nunha estantería que se atopa xunto á fotocopiadora da biblioteca. Os podedes coller alí e solicitar o préstamo do mesmo o profesor ou profesora que estea de garda no recreo.  (so se pode levar un exemplar de libro de lectura obligatoria ao mesmo tempo, é dicir non se pode levar un de galego e outro de castelán, porque ler dous libros xuntos!!) Lembrade que os libros de lectura obligatoria so se prestan unha semana.

CARNÉS DA BIBLIOTECA

Nestes intres podemos decir que todo o profesorado e alumnado de nova incorporación en grupos máis ou menos numerosos (1º ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo), así como aqueles en menor número (2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 2º Bacharelato) xa teñen o seu carné da biblioteca do Xograr que lles permite levar libros, material multimedia, libros electrónicos, películas (neste eido, en función das idades e permisibilidade do film en cuestión).

Lembrar un par de cousas vencelladas a este necesario documento. Si alguén o perdeu, non hai en problema en facerlle outro…pero sin plastificar. Pais, nais, avós, avoas, tios, tias, etc poden ser tamén socios da biblioteca como xa acontece nalgúns casos. Para iso hai que seguir as indicacións que recibiran as familias a través dos seus fillos e fillas nun documento escrito que está sendo repartido estes días polos titores e titoras de cada grupo e nivel. Calqueira dúbida ao respecto dirixirse á propia biblioteca.

Para os préstamos de calqueira persoa da comunidade “Xograrina” suliñar que non é necesario ter con un mesmo o carné. Chega con saberse o número ou número do DNI, habendo tamén un listado na propia biblioteca con todos os números. Os carnés son persoais e intransferiveis, co cal cada un se fai responsable do préstamo e devolución dun fondo

EQUIPO DE BIBLIOTECA

 

No actual exercicio escolar o equipo da biblioteca está composto polos seguintes docentes. Miguel Cumbraos (profesor de Lingua Francesa e coordinador), Jorge Marcos (profesor de Relixión e coordinador do Club Lector “O Xograr Lector”), Ana Belén Durán (profesora de Lingua Castelá), Ana Cedrón (profesora de Lingua Inglesa) e Mª Sol Rodríguez (profesora de Ciencias Naturais). Igualmente incorpóranse a este equipo no presente curso 2018-2019 Mª José Barrios (profesora de Lingua Galega) e Paula González (profesora de Ciencias Sociais), ás que agradecer a súa disposición a traballar neste mundo tan singular como é “a biblo” do Xograr. Agradecer igualmente a Esperanza Fernández, que formou parte do mesmo durante diversos cursos, e que agora ten destino profersional en Lugo. Non esquecemos a magnífica disposición coma sempre de todo o equipo directivo, así como dos outros docentes que forman parte do chamado “equipo B”, igual ca do resto do claustro, do alumnado e do persoal non docente.