Chega Pascua…

.. e con ilo un tempo de descanso, necesario para recargar as pilas que fan falla no derradeiro trimestre do curso. E tamén un tempo de lectura. Así que, xa sabes. Pásate pola biblioteca e leva algún fondo para disfrutar dil. Picha no enlace e verás as recomendacións que che damos. Bo descanso….boa lectura

Cartel Pascua 2017

 

Saúde…no día da Saúde ( 7 abril)

Para conmemorar o día mundial da saúde (7 de abril) dende a biblioteca do Xograr  e en colaboración cos departamentos de Bioloxía e Educación Física realizouse unha pequena exposición no hall do noso centro.

Publicitouse un decálogo con recomendacións para manter unha vida saudable, expuxéronse diferentes carteis do Plan Galicia saudable e colocouse un expositor con libros sobre alimentación, danza, Pilates, emocións,…

Disfruta dunha vida sana…co noso decálogo, que podes ver pinchando neste enlace

Decálogo Día da Saúde

 

 

 

 

Reunión do Clube Lector con David Lozano


O escritor David Lozano participa na segunda sesión do “Xograr Lector”

A segunda sesión do Clube Lector “O Xograr Lector” tivo lugar o pasado venres 24 na biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria. Cerca dunha veintena de participantes, entre profesores e alumnos, citáronse para falar do libro escollido, desta volta a novela de suspense “Valkiria.Game over”. E non estiveron sós os amantes desta actividade de lectura en común, senón que foron acompañados polo autor do libro, o escritor zaragozano David Lozano. Lozano, que ten outros títulos no mercado como “La puerta oscura” , “Cielo rojo” o “Herejía” e prepara unha nova publicación, mantivo unha charla informal cos docentes e estudantes sobre temas moi variados coa súa obra e a literatura en xeral.

Tedes igualmente a presentación que se fixo desta obra antes de charla co escritor se premedes no seguinte enlace

David Lozano

 

Novidades…..

adquiridas cos cartos do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Seguimos facendo uso desa achega económica para aumentar o material da nosa biblioteca. E tamén seguimos sacándoo fora da biblioteca, para que o poidades ver, consultar e levar como préstamo.

Desta volta cousas de Educación Plástica e Visual, así como de Lingua Galega

Rosalíandonos….

…co magnífico “mannequin challenge” que coordinou o equipo de Normalización Lingüística, que contou coa colaboración de diversos departamentos ( Galego, Castelá, Educación Física, Orientación, etc) e no que participaron todos os nosos alumnos.

Aquí tedes o enlace coa web do centro onde xa está “colgado” o vídeo. Que vos guste…e bo 24 de febreiro, día de Rosalía…e tamén de entroido nos centros escolares

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesxograrafonso/