NOVAS SECCIÓNS

Grazas a ideas moi diversas que van xurdindo curso a curso, froito do traballo e da aportación de todos os membros da comunidade escolar do Xograr, imos creando cousas novas. Neste blog haberá pestanas que se abren por primeira vez. De momento xa creamos unha para unha sección titulada “ O libro que agarda por ti”. Podes aportar ideas, sempre serán benvidas.

UN MES..UN FRAGMENTO…UN LIBRO

…é algo novo que nace, suxerencia do profesor de Ciencias Sociais Ramón Noche Fraga, despois da valoración

DSCF1576 (1) do Plan de Lectura do pasado curso. Mes a mes unha persoa (no curso actual profesores e persoal non docente, en vindeiros intentaremos que tamén sexa o alumnado) aportarán un pequeno comentario sobre un libro, engadindo un fragmento de dita obra. Son suxerencias de lectura que vos poden servir de axuda para pedir a devandita obra na nosa biblioteca. Xa está exposto, enfrente do despacho do orientador, o que corresponde ao mes.

 

OUTRAS NOVAS….

CARNETS

Procedeuse a dar a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente novo no Xograr o seu carnet de biblioteca, documento necesario para ter dereito a préstamos. Debedes verificar que o número do DNI é o correcto, en caso contrario pasar nos recreos para notificalo e que vos sexa correxido. Doutra volta se alguen de anos escolares precedentes extraviou o seu  carnet debe pasar igualmente para que lle sexa impreso un carnet novo.

CURRUNCHOS

Non esquezades que temos uns espazos bautizados como “currunchos” que teñen finalidades moi precisas. No Edificio 1, a carón da porta de acceso ao patio, o da prensa, para que poidades ler os xornais que están na súa estantería. E no edificio 2, un destinado para os pais e nais, a carón de portería e sala de titorías, onde hai diversas publicacións para ler mentras agárdase polos titores ou titoras.

LECTURAS OBLIGATORIAS

Nestes días estase revisando e completando o espazo adicado ás lecturas obligatorias, de disciplinas como Lingua Castelá, Lingua Galega, Inglés ou Francés. Teredes a vosa disposición exemplares diversos destes libros. Lembrade que os libros de lectura obligatoria préstanse tan so unha semana ( o resto dos libros e material multimedia dúas semanas), xa que hai un número limitado de exemplares. Non esquezades que neste blog tedes unha pestaña onde podedes consultar os libros de lectura obligatoria de cada materia para o presente curso 2013-2014.

EN LINGUAS VARIAS…

..atoparedes frases célebres de escritores tan variados como Saramago, Santa Teresa de Jesús, Dante Alighieri, Albert Camus, Séneca, Shakespeare,  decorando taboleiros de cortiza, bancos, etc. Desta volta pensouse neses emplazamentos por ser máis operativos que no chan, como acontecera o curso pasado. Agradécese que os respetedes.

VISITAS DE COÑECEMENTO

Seguindo un procedemento tradicional e habitual, unha das primeiras cousas que facemos na biblioteca do Xograr é enseñala de forma conxunta a todo o alumnado novo, é dicir os que pertencen aos cursos 1º ESO, 1º Bacharelato e 1º Ciclo Formativo. Igualmente DSCF1558a aqueles alumnos doutros niveis que non a coñecen nen saben do seu funcionamento invitámoslos a vir nos recreos e descubrila individualmente