21 de Marzo: Día Mundial da Poesía

Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía.  O principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas. Por outra banda, este Día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover o ensino da poesía, o restablecemento do diálogo entre a poesía coas demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pintura e así sucesivamente, o apoio aos pequenos editores e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación .

Os alumnos  de 1º de bacharelato, dirixidos polo profesor Ramón Noche, teñen a amabilidade de compartir connosco  estes excelentes ANACOS DE POEMAS VISUALIZADOS. Desexamos que vos gusten  tanto como a nós.

Un libro, un fragmento, un mes…..

Como todos os meses, no corredor próximo á biblioteca atópase o libro proposto para marzo.Trátase dunha autobiografía. De quen?

Deixámosvos unha pista:

“Dediquei toda a miña vida á loita do pobo africano. Combatín a dominación branca e combatín a dominación negra. Acariñei o ideal dunha sociedade democrática e libre, na que todas as persoas convivan xuntas en harmonía e con igualdade de oportunidades. É un ideal polo que espero vivir e que aspiro a alcanzar. Pero, se é necesario, é un ideal polo que estou disposto a morrer”.

CLUB DE LECTURA “O XOGRAR LECTOR” VARIANTE ON LINE – ADULTOS

Dende o ano pasado está en marcha unha sección de adultos do club de lectura do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria “O Xograr Lector”. Desta volta queremos ampliar a nosa oferta literaria para abordar máis temas e chegar a máis lectores.

Este ano plantexamos dúas propostas ben distintas;

Sin vuelta atrás-Unha lectura  pensada para ser compartida entre país/nais/fillos/profesores, con finalidade reflexiva e sensibilizadora sobre temas educacionais e relacionais (en este caso o acoso escolar). O libro escollido foi Sin vuelta atrás do escritor Jordi Sierra i Fabra.  

 

-Unha serie de obras sobre distintas temáticas co único obxectivo de disfrutar do pracer de lectura:

LECTURAS RECOMENDADAS-Club Lector Adultos IES Xograr

A nosa biblioteca conta con varios exemplares que poden ser levados en préstamo polos interesados en participar nesta actividade.

As actividades da sección de adultos non son presenciais e consisten fundamentalmente na lectura individual do libro seleccionado e no posterior intercambio de impresións sobre esa lectura.  Para aportar esas reflexións de cada un dos lectores hai tres vías:

  • Facer chegar os comentarios á biblioteca do Xograr (portería, buzón de suxerencias da biblioteca, correo postal, etc)
  • Vía online no propio blog da biblioteca (https://biblioxograr.wordpress.com/) facendo un comentario  ao final deste artigo. (Deixar un comentario)
  • Vía escrita, facéndonos chegar os comentarios ou a proposta de novas lecturas.

Dende a biblioteca do Xograr animámosvos a participar. Non é necesario pertencer á comunidade educativa do noso instituto para ler o libro e aportar reflexións. Tamén recibiremos gustosos as propostas de novas actividades literarias. Grazas anticipadas.

Disfruta da lectura dun dos libros propostos e aporta a túa reflexión. Grazas por participar

Club Lector Adultos IES Xograr-Resumen

HAI MOITO AMOR NA NOSA BIBLIOTECA……

árboreCo lema  “Palabras que namoran” , dende a Biblioteca  queremos darvos   a coñecer  algúns  dos  poemas  máis  emotivos  e   suxerentes  que  se atopan agochados  nos  libros  de poesía.  Pero  non  só  a  poesía  é  capaz  de   absorvernos,  por  iso  seguimos  coa  nosa  campaña  de  “Namórate  da lectura”,  ofrecendo  diferentes  propostas  que  nos  permitan  amar   tamén  as matemáticas, as  ciencias,  as  linguas…

E aproveitando  o  gancho  mediático  que o  14 de febreiro ten  na  nosa  sociedade de consumo, dende a  biblioteca  queremos   non só  promocionar  a  lectura  de  diversos textos  senón  que  nos  gustaría  propoñémosvos  traballar   a  nosa  intelixencia emocional , tan  fundamental   na  nosa  vida  e  tan   desatendida  no contexto educativo. Estar  ben, sentirse  apreciado, recoñecido  polos  que  nos  arrodean  é   o  que  fai  que  o  día  sexa   fantástico, que aínda  que  non  saia, vexamos  o  sol  e que, cando remata, nos  deitemos  coa  sensación de  que   valeu  a  pena  disfrutar  del.  Daquela,    ao  longo  desta  quincena convidámosvos  a  que     dedes  renda  solta  aos  vosos sentimentos.   e    nos  axudedes  a confeccionar  un  mural  no  que  plasmemos  todo  ese  magma    afectivo que levamos  dentro: unha  poesía , unha postal, unha canción….Todo ten  cabida   sempre  que  teña  que  ver   cunha  vivencia  positiva. Aínda que   ás  calamidades  sempre  estamos  prestos  a  atendelas , compartilas  e  consolalas  , non  hai  necesidade  de   agochar   as  vivencias  satisfactorias  que   renovan  en  cadaquén   a nosa  ilusión pola  vida.

O pase de diapositivas require JavaScript.