APADRIÑANDO PALABRAS

O alumnado de primeiro de bacharelato, dirixidos por Ramón Noche, con motivo das letras galegas, veñen de realizar unha activiade de apadriñar palabras.Para iso, escolleron palabras en galego, e con elas fixeron unha nube e aquí vos queda. Ao facer click na imaxe aparecerá a actividade.Os puntos azuis son enlaces ás entradas dos rapaces co seu traballo.

MOITAS GRACIAS A RAMÓN NOCHE E AO ALUMNADO DE TIC POLA SÚA COLABORACIÓN!!!

Nova reunión do Xograr Lector

Un total de 12 alumnos de ESO e bacharelato, así como diversos profesores, participaron na segunda reunión do club lector ” O Xograr Lector”. Desta volta a sesión pivotou arredor da novela “Suad”, escrita por Lorenzo Silva e Noemí Trujillo. Nesta reunión participou igualmente a nosa exalumna Sandra López Pereiro, que anos atrás acolleu xunto a súa familia unha nena africana, algo moi vencellado directamente a un dos principais argumentos da novela elexida. Podedes ver   máis   fotos da proveitosa reunión deste soleado xoves de maio na sección do blog adicada ao Club Lector.

Sandra

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

O venres 25 de abril, no salón de actos do noso instituto, levouse a cabo a celebración do Día do Libro. Este ano ademais da exposición dos murais, carteis e manualidades realizadas polos alumnos e que xa vén sendo unha tradición do Xograr, proxectáronse tres traballos audiovisuais realizados por diferentes alumnos de bacharelato. Despois asistimos a un Recital Poético Visual no que participaron alumnos de ESO e de Bacharelato e que foi dirixido polos Departamentos de Educación Física, Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá.

Podedes ver o Programa e un vídeo do acto de celebración.

PROGRAMA

 

Moitas grazas a todos pola vosa participación!

EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO DÍA DO LIBRO

Como é tradición,  hoxe 23 de abril conmemoramos o Día do Libro cunha exposición no corredor, dos murais, composicións , carteis, lemas, etc,  realizados polo alumnado do noso centro. Aquí vos deixamos as imaxes dalgúns dos traballos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

27 de Marzo: Día Mundial do Teatro

Teatro

 

O día Mundial do Teatro creouse en 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (IIT). Celébrase anualmente o 27 de Marzo polos centros do IIT e a comunidade teatral internacional. Organízanse distintos eventos de teatro nacional e internacional para resaltar esta ocasión. Un dos máis importantes é a distribución da Mensaxe Internacional tradicionalmente escrita por unha personalidade do teatro de talla mundial convidada polo Instituto Internacional do Teatro.

Mensaxe de Brett Bailey para o Día Mundial do Teatro 2014