CARTA A SABELA

 

Ben querida Sabela:

 

Como é sabido por todos, vén de xubilarse, o pasado 21 de febreiro, a nosa querida compañeira Sabela. Dende a biblioteca do centro, e en concreto dende o club lector, queremos ofrecerlle un pequeno “agasallo”, non por nada en particular, senón por todo en xeral.

 

 

Sempre que se lle pediu axuda ou participación, alí estivo; eso si, cunha gran modestia e sen facer ruído, a pesares das cousas tan valiosas que nos leva aportado. Sempre animando, participando e colaborando: por iso e por moito máis, grazas Sabela.

 

            Nunha ocasión falaba desa “marabillosa aventura” de coñecer o mundo fantástico (pero non irreal) que nos proporcionan os libros. Ben, pois agora temos a sorte de compartir todo iso contigo máis de perto.

 

Sabemos que durante bastante tempo un dos teus autores preferidos foi Frank Slaughter, noutro momento Bernabé Tierno; pero tamén sabemos, porque así o sentimos, é que calquera dos libros que leamos no noso Club de Lectura, valo ler co mesmo interese e cariño.

 

Grazas de novo, sorte e saúde para disfrutares da lectura e de todo o demáis. Bicos mil.

           

                                                          

Grupo de compañeiras do Club Lector

DIA MUNDIAL DA AUGA 2008: SANEAMENTO

“Nunha época na que o home ten esquecido as súas orixes e está cego respecto das súas necesidades máis esenciais de supervivencia, a auga, a un tempo que outros recursos, convértese na víctima da súa indiferencia”.

Rachel L.Carson (1907-1964). ”Primavera silenciosa”.

O 22 de marzo, celébrase o Dia Mundial da Auga, unha xornada coa que se quere denunciar que case dous tercios da poboación mundial non teñen acceso a auga de calidade. Tamén preténdese instar a institucións e particulares a actuar en favor das próximas xeracións, que sufrirán as consecuencias das nosas irresponsabilidades. A Asemblea  Xeral da ONU declarou o ano 2008, Ano Internacional do Saneamento. En consecuencia, o Día Mundial da Auga estará especialmente dedicado a ese aspecto.

NA SEGUINTE PRESENTACIÓN DÚAS ALUMNAS DE 4º DA ESO EXPLICAN EN QUE CONSISTE O SANEAMENTO DA AUGA.

[kml_flashembedmovie="http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=ciclo-da-auga-120671832266255-3" width="425" height="355"/]

125 ANOS DE TEATRO GALEGO

  

O día 13 de agosto de 1882 estreouse no Liceo Brigantino de A Coruña a que está considerada como a primeira representación teatral en lingua galega:

A fonte do xuramento de Francisco Mª de la Iglesia, destacado rexionalista e mestre de profesión.

Non cabe dúbida de que con anterioridade se terían escenificado pezas de carácter popular, especialmente para celebrar festas tradicionais, relixiosas… Pero non se documenta ningunha representación “oficial” nun teatro.

Estamos, polo tanto, de aniversario: son 125 anos os que temos que conmemorar.

Noraboa a todas e a todos!

PARTICIPA CONNOSCO!

14 de Febreiro, día dos namorados

[kml_flashembed movie="http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/a4e5c5df.pbw" width="360" height="360"/] 

A medida do amor é amar sen medida.

   (San Agustín)

Se estás namorad@- doutra persoa, dunha idea, da música, da poesía, da natureza ou da vida mesma-, celébralo connosco!!

Que razón hai para que os namorados teñan como patrón a San Valentin?

Polo século III gobernaba en Roma o Emperador Claudio II, quen decidiu prohibir os matrimonios entre xoves, por considerar que os solteiros sen familia eran mellores soldados ó careceren de ataduras. San Valentín, sacerdote de gran prestixio, desobedeceu ó emperador, celebrando matrimonios en segredo. Segundo a tradición, ata o propio emperador estivo a piques de deixarse convencer pola vida e miragres do santo e convertérense ó Cristianismo. Ante a ameaza que supoñía para o imperio, San Valentín foi condenado a cadea e finalmente executado o 14 de febreiro do ano 270. Os restos mortais do santo consérvanse na Basílica do seu mesmo nome que está situada na cidade italiana de Terni.

——————————————————————————————

Que mellor cun abrazo para demostrar  sentimentos como amor e amizade?

Varios colectivos en todo o mundo tratan de favorecer o contacto humano a través dun abrazo.  En España, Joan Planas súmase a esta inciativa e crea unha web. Xustifica a súa finalidade con estas palabras: “Desexo que esta web axude a dar a coñecer e facer realide esta marabillosa actitude para unir a todas as persoas que comparten o mesmo fin: abrazar para mellorar o mundo, porque un simple abrazo motiva o corazón e fai feliz a quen o recibe“. 

Se queres saber máis: www.abrazosgratis.org

——————————————————————————————

 CITAS

  • “As pulseiras de metal roxen si son dúas”.    Proverbio africano.
  • “O amor xamais reclama; da sempre. O amor tolera, xamais se irrita,  nunca se vinga”.      Mahadma Gandhi.
  • “A folla, cando ama, transfórmase en flor; a flor, cando ama, convértese en froito”.       Rabindranath Tagore.
  • “A medida do amor é amar sen medida”.     San Agustín.
  • “Amar é o principio, amar é a forza, amar é o método”.    Pablo VI.
  • “Quéreme cando menos o mereza, que será cando máis o necesite” .     Robert L. Stevenson.
  • “É mellor ter amado e perdido, que non ter amado”.     Tennyson.
  • “Na medida en que o sufrimento dos nenos está permitido, non existe amor verdadeiro neste mundo”.     Isadora Duncan.
  • “Non creo na vida do que non  ama nin na  morte do amado”.  Juan José Arreola.
  • “Non pode ser bo aquel que nunca amou”.      Cervantes.
  • Non  hai cura para o amor,  pero o amor é a cura de todos os males”.    Leonard Cohen.
  • A raíz de todas as paixóns é o amor. Del nace a tristeza, o gozo, a alegría e a desesperación”.    Lope de Vega.
  • “Poñede atención: un corazón solitario non é un corazón”.  Antonio Machado.

  —————————————————————————————–

O amor é un sentimento que non sempre garda relación co sexo. Mais, chegado o caso,  convén que esteas preparad@ para previr enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados. Na páxina web do MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CIENCIA (MEC) podes atopar numerosos enlaces para informarte sobre o tema:

——————————————————————————————

París é a cidade do amor.¨ De seguro que os alumnos de 4º de eso quedaredes prendados dela cando a visitedes na excursión de fin de curso. 

——————————————————————————————

flecha.gifRECOMENDAMOS DE TODO CORAZÓN…

flecha.gifDE QUE PARQUE NACIONAL SE TRATA?

——————————————————————————————

Un exemplo de amor á vida e a humanidade: RITA LEVI-MONTALCINI.

[kml_flashembed movie="http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=ritalevi-montalcini-1203200824811563-5" width="425" height="355"/]

Pensando na PAZ

  • Non hai camiños para paz; a paz é o camiño” Mahatma Gandhi (1869-1948), político e pensador indio.

  •   “Nunca houbo unha guerra boa, nin paz malaBenjamin Franklin.

  •   “A guerra é un mal que deshonra o xénero humano” FERNELON.

  • “A paz comeza cun sorriso” Nai Tareixa de Calcuta (1910-1997), misioneira iugoslava nacionalizada india.

  • “A paz esixe catro condicións esenciais: verdade, xustiza, amor e liberdade” Juan Pablo II ( 1920-2005).

  • ” A victoria nunha guerra é a maior das traxedias, se exceptuamos a derrota” Wellintong Arthur (1769-1862), xeneral e político inglés.

  • “A paz máis desventaxosa é mellor cá guerra máis xusta” Erasmo de Roterdam (1469-1536), humanista neerlandés.

  • Aínda que a guerra é o compendio de todos os males, a tiranía é o compendio de todas as guerras” Simón Bolivar

  • “Os homes construímos demasiados muros e non suficientes pontes”. Isaac Newton (1642-1727), matemático e físico británico.

 

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ

TÍTULO: POEMAS POLA PAZ

Iniciativas tan marabillosas como esta deberían espallarse e facer posible que os únicos bombardeos que houber polo mundo foran de poemas.

A poesía é unha arma cargada de futuro
Gabriel Celaya

Segundo traballo colaborativo dos Blogs das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

“PAZ”

É a man da paz a santa paz que enxoita

bágoas do dor en sangue da ferida,

reconforto da alma esmorecida

polos estragos da mundana loita.

 

É a man da paz a santa man recoita

que acolle a ovella no breñal perdida

e pondo os lobos irtos en fuxida

verte a mel do consolo encol da coita.

 

Trouxo, ó baixar do ceo, unha roseira

da que fixo ó silencio xardineiro

coa soedade por guión e freira.

 

E a chantóu, con acerto milagreiro,

na terra máis doada e criandeira;

o recatado craustro do mosteiro.

Ramón Cabanillas

Recomendamos as seguintes películas relacionadas co tema da paz:

  • La lengua de las mariposas / A lingua das bolboretas
  • O lapis de carpinteiro
  • El diario de Ana Frank
  • La vida es bella
  • La vida secreta de las palabras
  • Cadena de favores
  • Gandhi
  • La lista de Schindler

O LIBRO

A palabra libro está moi preto da palabra libre;
só a letra final as distancia: o o de libro e o e de libre. Non sei se ámbolos dous vocábulos veñen do latín liber, pero o certo é que se complementan perfectamente; o libro é un dos instrumentos creados polo home para facernos libres. Libres da ignorancia e a ignominia, libres tamén dos demos, dos tiranos, de febres milenaristas e turbios lexionarios, do oprobio, da trivialidade, da pequenez. O libro afirma a liberdade, amosa opcións e camiños distintos, establece a individualidade, ao mesmo tempo fortalece a sociedade,e exalta a imaxinación.                           
Houbo libros malditos en toda a historia, libros que encadean a intelixencia, conxélana e lixan a humanidade, pero eles quedan derrotados polos xenerosos, como O Quixote, Guerra e paz, as novelas de Galdós, todo Dikens, todo Shakespeare, A montaña máxica, os poemas de Whitman, e os de Rubén Darío, López Velarde, Pablo Neruda e Octavio Paz, Antonio Machado, Luis Cernuda e tantísimos máis que derrotaron ós outros.
Se o home non crease a escritura non teriamos saído das cavernas. A través do libro coñecemos todo o que está no noso pasado. É a fotografía e tamén a radiografía dos usos e costumes de todas as distintas civilizacións e os seus movementos. Polos libros coñecemos o pensamento chinés, grego, árabe, o de todos os séculos e todas as nacións. En fin, o libro é para nós un camiño de salvación.
Unha sociedade que non le, é unha sociedade xorda, cega e muda. 

Sergio Pitol. Premio Cervantes 2005

VEN A COÑECERME : DA BIBLIOTECA DE ALEXANDRÍA Á NOSA BIBLIOTECA

blog11.JPG 

O alumnado do 1º ciclo da ESO participa nas xornadas lúdicas de presentación da biblioteca. A actividade consiste nunha viaxe polo tempo, con escala en Alexandría, que inclúe vistas das marabillas do mundo antigo e visita á biblioteca de Alexandría, berce do saber daquela época.

Achegámonos ás diferentes escrituras, desciframos xeroglíficos…