Pensando na PAZ

  • Non hai camiños para paz; a paz é o camiño” Mahatma Gandhi (1869-1948), político e pensador indio.

  •   “Nunca houbo unha guerra boa, nin paz malaBenjamin Franklin.

  •   “A guerra é un mal que deshonra o xénero humano” FERNELON.

  • “A paz comeza cun sorriso” Nai Tareixa de Calcuta (1910-1997), misioneira iugoslava nacionalizada india.

  • “A paz esixe catro condicións esenciais: verdade, xustiza, amor e liberdade” Juan Pablo II ( 1920-2005).

  • ” A victoria nunha guerra é a maior das traxedias, se exceptuamos a derrota” Wellintong Arthur (1769-1862), xeneral e político inglés.

  • “A paz máis desventaxosa é mellor cá guerra máis xusta” Erasmo de Roterdam (1469-1536), humanista neerlandés.

  • Aínda que a guerra é o compendio de todos os males, a tiranía é o compendio de todas as guerras” Simón Bolivar

  • “Os homes construímos demasiados muros e non suficientes pontes”. Isaac Newton (1642-1727), matemático e físico británico.

 

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ

TÍTULO: POEMAS POLA PAZ

Iniciativas tan marabillosas como esta deberían espallarse e facer posible que os únicos bombardeos que houber polo mundo foran de poemas.

A poesía é unha arma cargada de futuro
Gabriel Celaya

Segundo traballo colaborativo dos Blogs das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

“PAZ”

É a man da paz a santa paz que enxoita

bágoas do dor en sangue da ferida,

reconforto da alma esmorecida

polos estragos da mundana loita.

 

É a man da paz a santa man recoita

que acolle a ovella no breñal perdida

e pondo os lobos irtos en fuxida

verte a mel do consolo encol da coita.

 

Trouxo, ó baixar do ceo, unha roseira

da que fixo ó silencio xardineiro

coa soedade por guión e freira.

 

E a chantóu, con acerto milagreiro,

na terra máis doada e criandeira;

o recatado craustro do mosteiro.

Ramón Cabanillas

Recomendamos as seguintes películas relacionadas co tema da paz:

  • La lengua de las mariposas / A lingua das bolboretas
  • O lapis de carpinteiro
  • El diario de Ana Frank
  • La vida es bella
  • La vida secreta de las palabras
  • Cadena de favores
  • Gandhi
  • La lista de Schindler

O LIBRO

A palabra libro está moi preto da palabra libre;
só a letra final as distancia: o o de libro e o e de libre. Non sei se ámbolos dous vocábulos veñen do latín liber, pero o certo é que se complementan perfectamente; o libro é un dos instrumentos creados polo home para facernos libres. Libres da ignorancia e a ignominia, libres tamén dos demos, dos tiranos, de febres milenaristas e turbios lexionarios, do oprobio, da trivialidade, da pequenez. O libro afirma a liberdade, amosa opcións e camiños distintos, establece a individualidade, ao mesmo tempo fortalece a sociedade,e exalta a imaxinación.                           
Houbo libros malditos en toda a historia, libros que encadean a intelixencia, conxélana e lixan a humanidade, pero eles quedan derrotados polos xenerosos, como O Quixote, Guerra e paz, as novelas de Galdós, todo Dikens, todo Shakespeare, A montaña máxica, os poemas de Whitman, e os de Rubén Darío, López Velarde, Pablo Neruda e Octavio Paz, Antonio Machado, Luis Cernuda e tantísimos máis que derrotaron ós outros.
Se o home non crease a escritura non teriamos saído das cavernas. A través do libro coñecemos todo o que está no noso pasado. É a fotografía e tamén a radiografía dos usos e costumes de todas as distintas civilizacións e os seus movementos. Polos libros coñecemos o pensamento chinés, grego, árabe, o de todos os séculos e todas as nacións. En fin, o libro é para nós un camiño de salvación.
Unha sociedade que non le, é unha sociedade xorda, cega e muda. 

Sergio Pitol. Premio Cervantes 2005

VEN A COÑECERME : DA BIBLIOTECA DE ALEXANDRÍA Á NOSA BIBLIOTECA

blog11.JPG 

O alumnado do 1º ciclo da ESO participa nas xornadas lúdicas de presentación da biblioteca. A actividade consiste nunha viaxe polo tempo, con escala en Alexandría, que inclúe vistas das marabillas do mundo antigo e visita á biblioteca de Alexandría, berce do saber daquela época.

Achegámonos ás diferentes escrituras, desciframos xeroglíficos…