MÁIS “MALETAS VIAXEIRAS”: AGORA TOCA BANDA DESEÑADA!!

Gracias ao programa “Maletas Viaxeiras” da Asesoría de Bibliotecas, podemos contar con referencias de cómic e banda deseñasa ben interesantes.

Dende “clásicos básicos” coma Astérix e Obélix a novas xoias contemporáneas coma “Arrugas” de Paco Roca, “Maus” de Art Spiegelman ou “Persépolis” de Marjane Satrapi, temos a posiblidade de desfrutar dunha boa manda de referencias para ir templando os calores que xa aveciñán o verán!!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Vimos de celebrar recentemente a semana das Letras Galegas. Co gallo do día 17 de maio, acompañamos aos Departamentos de Lingua e Literatura Galega e Música na celebración dunha serie de actos e actividades para lembrar a importancia da nosa lingua en todos os ámbitos do noso centro.

O Departamento de Lingua e Literatura Galega artellou unha exposición para lembrar a figura de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) avogado e escritor de Valdeorras que resultou homenaxeado no Día das Letras deste ano. Tamén se quixo lembrar xs autorxs homenaxeadxs noutros anos, lembrando aquelxs nadxs na provincia de Lugo (e algún infiltrado que outro…) e tamén invocando que o noso Fiz Vergara Vilariño poida acadar ese recoñecemento próximamente.

O Departamento de Galego tamén artellou unha actividade ben interesante, realizando co alumnado de 3º ESO PMAR unha serie de pequenas autopublicacións moi fermosas e mellor acabadas coas que realizaron unha pequena exposición na propia biblioteca.

E como broche de ouro final a esta Semana das Letras, o Departamento de Música organizou un concerto coa agrupación sarriá “Clarisaxos” integrada por moitas persoas da nosa comunidade educativa.

BIBLIOEMBAIXADAS: RECIBIMOS O IES “MARÍA SARMIENTO” (Viveiro)


A semana pasada recibimos na nosa biblioteca de Alicia (coordinadora da @bibliomasa); Mari Luz e Basanta (vellos e queridos compañeirxs do IES María Sarmiento).

Quedou logo establecida outra das nosas  #biblioembaixadas e a rapazada do María Sarmiento participou na nosa activivade #atrincheiratenoslibros xunto cxs profxs. Quedamos emplazadxs para futuras actividades e proxectos!!

DÍA DO DESEÑO GRÁFICO: CARA O COTIÁN CREATIVO E SOSTIBLE

O Departamento de EPeV con Begoña Arias e Marta A. Linares, organizaron e artellaron esta marabillosa exposición con traballos realizados en material reciclado polo alumnado de toda a ESO .

Unha boa idea pra lembrar a importancia do deseño no proceso creativo en calqueira ámbito da nosa cotidianidade, tendo en conta a sostebilidade e unha certa conciencia do aproveitamento e reciclaxe de todos aqueles envases ou elementos que usamos diariamente. Este proxecto está tamén enmarcado dentro da participación do noso centro programa #generacioneco