Día da Poesía (II): declarado o ESTADO POÉTICO PERMANENTE no noso centro!!

No recreo de onte decididimos secundar as actividades polo Día da Poesía coa declaración solemne do “Estado poético permanente” polo cal formamos un exército da palabra disposto a usar a palabra como bandeira universal e armándonos de libros limos un manifesto poético contra TODAS as guerras.

Tamén colocamos un mural para crear un manifesto máis aberto e participativo. Especial mención ao alumnado de 1 ESO e o 2 ESO C pola súa combativa participación!!

Librémonos de armas!! Armémonos de libros!!

Día da poesía (I): “Medre a poesía!” (homenaxe a Fiz Vergara Vilariño)

Máis de catrocentos rapazas e rapaces de todos os centros educativos da comarca concentráronse na Praza da Vila onte nun acto organizado pola nosa biblioteca irmá do IES “Gregorio Fernández”. O obxectivo era claro: reivindicar o Día das Letras Galegas para a figura e a obra de Fiz Vergara Vilariño, o noso poeta louzarín.

Do noso centro acudiron todos os grupos de Bacharelato, acompañados polas profesoras de Lingua e Literatura Galega: Lola Chaos, Teresa López e Carmen Vivero. Leron algunhas composicións poéticas de Fiz e o alumnado que forma a agrupación “Siniestro Parcial” culminou o acto coa súa actuación musical, na que se interpretaron temas que musicaban versos de Fiz Vergara Vilariño.

Un acto cheo de ledicia e entusiasmo que nos devolveu a enerxía e nos deu azos para seguir crecendo como comunidade lectora na defensa dos/as nosos/as autores/as locais.

No noso centro botamos man do material didáctico que nos achegou Eduardo Rey para extender a actividade tamén ao contexto das aulas e dese xeito arredondear unha xornada certamente memorable.