Como ven sendo habitual nestes últimos anos, a finais de xaneiro (días 29-30) celébrase o Día da Ilustración. O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. Este ano foi o pintor e ilustrador Reimundo Patiño. (1936-1985) Neste vídeo podes coñecelo un pouco máis:
Dende o mércores 26 de xaneiro, fumos desenvolvendo no noso centro diversas actividades arredor da figura de Reimundo Patiño e tamén sobre o formato de álbum ilustrado como soporte de lecturas tranversais, creativas e conformadoras dunha cultura libresca ampla e heteroxénas. O programa de actividades foi o seguinte:
- Actividade de creación & experimentación cromática (coa colaboración do departamento de EPeV)
- Exposición “Mundo Álbum” cunha escolma de referencias bibliográficas arredor deste formato na propia sala da biblioteca.
- Actividades de aula “Que mundo éste!” para achegarnos á figura de Reimundo Patiño a través dunha tarefa de creación.
Ademais, o Clube de Lectura “O xograr lector” de 1º ESO realizou unha xuntanza para falar do marabilloso libro de Manuel Rivas con ilustracións de Susana Suniaga coincidindo co gallo da Dia da Ilustración.
Actividade de creación & experimentación cromática: realizouse no recreo do día 26 de xaneiro coa participación dos cursos de ESO, maioritariamente. A activiadade consistiu en replicar os modos de experimentación pictórica que o propio Reimundo Patiño realizaba. Os resultados foron certamente abraiantes e sobre todo moi divertidos!! As obras resultantes quedaron expostas no corredor anexo á biblioteca.






Exposición “Mundo Álbum”: na sala da biblioteca estivo exposta unha escolma de referencias bibliográficas arredor do formato do álbum ilustrado. Pareceunos importante poñer en valor este formato editorial por unha cuestión de oportunidade (recoñecer a labor creativas dxs ilustradorxs) pero tamén para aprofundizar nun formato que se percibe dentro da audiencia lectora infantil pero que trascende esta franxa de idade. Realizamos tamén un listado de suxerencias lectoras baseándonos nos fondos da propia exposición.



Actividades de aula “Que mundo este!”: botando man dunha das viñetas de Reimundo Patiño e Xaquín Marín na banda deseñada “2 viaxes”, o Departamendo de Lingua Galega e o equipo da biblioteca propuxémoslles ao alumnado de 1º e 2º de ESO que a entintaran con distintas cores e tramas. Deste xeito, puidemos desenvolver a nosa competencia plástica e visual e lembramos a figura deste creador senlleiro da nosa cultura e do seu papel na defensa da lingua galega.
