Tapas #1: unha parte de todo eso que é o “libro de artista”

Sempre reivindicamos o papel das bibliotecas como polos creativos. Somos espazos fundamentais para a creación e a reflexión estética. Neste sentido, a relación entre o museo e as bibliotecas resulta imprescindible para desenvolver aprendizaxes artísticas significativas. Con este compromiso, buscamos a colaboración coa @fundacionluisseoane para organizar unha actividade en relación cunha exposición da súa actual programación ben interesante: “Tapas #1. Unha parte do todo”.

O vínculo entre arte e deseño editorial foi un dos alicerces da práctica artística de Luis Seoane, o artista que insipira o proxecto TAPAS #1. Unha parte do todo. Esta exposición está formada por case un centenar de proxectos artísticos de formato editorial realizados por 76 creadores nacionais e internacionais. É case un centenar de libros que poden ser entendidos como auténticas obras artísticas. A exposición ofrece unha mirada a evolución do propio formato do “libro de artista” en toda a súa dimensión. A mostra reflicte, sobre todo, a vocación creativa destes soportes bibliográficos a través do deseño.

Na nosa biblioteca tentatamos montar unha pequena réplica da exposición orixinal que se encontra na Fundación Luis Seoane. Parecéunos axeitado botar man do marabilloso catálogo impreso en rotativa (formato xornal) pola editorial @fabulatorio_ e montamos con el o display. A exposición orixinal pode verse na Fundación Luis Seoane na Coruña ata o 17 de abril. A nosa durará esta semana de febreiro ata o 21 de febreiro.

Agradecemos a Fundación Luis Seoane e a especialmente a súa directora Silvia Longueira pola súa cortesía e colaboración con esta iniciativa da nosa biblioteca arredor do libro de artista.

CELEBRAMOS A LUZ: Día da Candeloria

“Pola Candeloria casan os paxaros e vaise a galiñola” ou eso dí o noso refraneiro dos primeiros días de febreiro… vaites!!! Era hora xa de rematar con xaneiro,non?
O día da Candeloria celébrase o 2 de febreiro e ten unha orixe pagana vinculada a ritos que teñen que ver cono ciclos naturais. Malia isto, a Candeloria é, por riba, de todo unha festa da Luz que aventa a primaveira. Co Departamento de Bioloxía decidimos desenvolver un ciclo de actividades para recuperar o noso vínculo coa natureza ao longo de distintos momentos do curso. Neste caso, saimos fora para observar aos paxaros casadeiros e de paso aprender algo de ornitoloxía…!

Esta actividade está dentro da PXC en coordinación coa Vicedirección

MUNDO ÁLBUM: Semana da Ilustración no IES Xograr

Como ven sendo habitual nestes últimos anos, a finais de xaneiro (días 29-30) celébrase o Día da Ilustración. O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. Este ano foi o pintor e ilustrador Reimundo Patiño. (1936-1985) Neste vídeo podes coñecelo un pouco máis:

Dende o mércores 26 de xaneiro, fumos desenvolvendo no noso centro diversas actividades arredor da figura de Reimundo Patiño e tamén sobre o formato de álbum ilustrado como soporte de lecturas tranversais, creativas e conformadoras dunha cultura libresca ampla e heteroxénas. O programa de actividades foi o seguinte:

  • Actividade de creación & experimentación cromática (coa colaboración do departamento de EPeV)
  • Exposición “Mundo Álbum” cunha escolma de referencias bibliográficas arredor deste formato na propia sala da biblioteca.
  • Actividades de aula “Que mundo éste!” para achegarnos á figura de Reimundo Patiño a través dunha tarefa de creación.

Ademais, o Clube de Lectura “O xograr lector” de 1º ESO realizou unha xuntanza para falar do marabilloso libro de Manuel Rivas con ilustracións de Susana Suniaga coincidindo co gallo da Dia da Ilustración.

Actividade de creación & experimentación cromática: realizouse no recreo do día 26 de xaneiro coa participación dos cursos de ESO, maioritariamente. A activiadade consistiu en replicar os modos de experimentación pictórica que o propio Reimundo Patiño realizaba. Os resultados foron certamente abraiantes e sobre todo moi divertidos!! As obras resultantes quedaron expostas no corredor anexo á biblioteca.

Exposición “Mundo Álbum”: na sala da biblioteca estivo exposta unha escolma de referencias bibliográficas arredor do formato do álbum ilustrado. Pareceunos importante poñer en valor este formato editorial por unha cuestión de oportunidade (recoñecer a labor creativas dxs ilustradorxs) pero tamén para aprofundizar nun formato que se percibe dentro da audiencia lectora infantil pero que trascende esta franxa de idade. Realizamos tamén un listado de suxerencias lectoras baseándonos nos fondos da propia exposición.


Actividades de aula “Que mundo este!”
: botando man dunha das viñetas de Reimundo Patiño e Xaquín Marín na banda deseñada “2 viaxes”, o Departamendo de Lingua Galega e o equipo da biblioteca propuxémoslles ao alumnado de 1º e 2º de ESO que a entintaran con distintas cores e tramas. Deste xeito, puidemos desenvolver a nosa competencia plástica e visual e lembramos a figura deste creador senlleiro da nosa cultura e do seu papel na defensa da lingua galega.