
Rematamos o ano cunha marabillosa actividade chea de ilusión e creatividade. Para esconxurar este ano que comezamos cada alumno/a escribiu un desexo nunha pluma feita en papel que logo se foron superpoñendo nun panel ata formar unhas maxestuosas alas para emprender o voo cara un porvir favorable. Arte para atopar a esperanza e a confianza nun tempo mellor!

