Humilde aportación

… a que dende a biblioteca estase a aportar ao novidoso programa “ En bici ao Xograr, anímate a pedalear”. Loxística do tipo de libros de ciclismo dos nosos fondo, axuda fotográfica e video, difusión nos nosos espazos web, etc. Pero todo suma para avanzar nun proxecto interesante pilotado pola nosa “vice” Sonia e que está resultando todo un éxito. Co gallo do 3 de xuño, “Día Mundial da bicicleta”, presenza de autoridades locais e provincias, sorteo de diversos regalos, recoñecementos, etc. Unha singular “festa” que ocupou os dous tempos de lecer. Aquí deixamos algunhas fotos, así como os enlaces á repercusión en medios de comunicación.

https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/xograr-es-pionero-unirse-plan-europeo-movilidad-sostenible/202106031329341506616.html?fbclid=IwAR13_CMcHfdYCn2oxABY2ox-qPtov11TCvZGKgKoSsoagpkpp4rqgbVyxBw

O Ies Xograr Afonso Gómez pioneiro na provincia no proxecto Stars

XIII Xornadas dos Clubes de Lectura

Hoxe venres 4 de xuño está tendo lugar a habitual reunión dos coordinadores dos Clubes de Lectura da nosa comunidade autónoma. Entre eles está “O Xograr Lector”, representado polo seu coordinador, o profesor de Ciencias Sociais Xosé Lois Gutiérrez Faílde.  Dita actividade formativa, que chega a súa edición número trece, ten lugar no Pazo de Congresos en Santiago de Compostela. Unha interesante forma de compartir e aprender todo aquelo que xira arredor desta forma de lectura en común.

Gran beleza de fotos…

….todas aquelas que se presentaron ao “II Concurso de Fotografía Matemática” organizado polos departamentos de Matemáticas e Bioloxía-Xeoloxía. Na 1ª categoría os vencedores foron Luis (1º ESO) e Katherine (2º ESO), sendo as fotos de Pablo e Carla (ambolosdous de 3º ESO) as mellores na 2ª categoría. No que atinxe a 3ª categoría os premiados foron David e Pablo, de 2º Bac, tendo premio tamén Uxía, de 4º ESO, autora da mellor imaxe de natureza.

Parabéns a estes grandes fotógrafos e fotógrafas…e a seguir sacando instantáneas.

Usuarios de números altos

…ou alumnos e alumnas que máis préstamos realizaron na biblioteca no actual curso 2020-2021. Os vedes posando nela, lugar que frecuentan. Foron agasallados cun detalle lector. Son Luis, Manuel, Derek e Otón, de 1º ESO; Mateo, Shaid e Dana, de 2º ESO; Yago, José Manuel, Uxía, Alba, Lucía ,Carlos, Pablo e Kevin (3º ESO); Janeth e Érika, de 1º Bacharelato.

Parabéns e eles e a elas…e a seguir lendo.

Taller de Grafiti

…que tivo lugar o pasado 28 de maio dentro das accións vencelladas ao “Club de Letras”. Marcos e Manu, integrantes de Concepto Circo, ensinaron ao alumnado de Plástica de 4º da ESO diversas estratexias de este arte tan vencellado aos espazos urbáns. As paredes do patio cuberto do edificio 1 et dos aparcadoiros de bicicletas do noso centro escolar quedaron decoradas con frases e imaxes relacionadas cos valores, nun traballo conxunto dos dous artistas e dos alumnos e alumnas da materia.