8 de marzo, día Internacional da Muller

Moitas actividades no noso centro co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Dunha banda, o completo mural “Mulleres sarriás con fortaleza”, formada por traballos de investigación do alumnado de 1º de Bacharelato tentando salientar o rol de mulleres da comarca sarriá invisibilizadas socialmente, pero que desenvolveron no seu fogar ou fóra del unha función imprescindíbel para consolidar a economía ou a estabilidade familiar. Doutra, o bautizo que recibiron diversos corredores e espazos dos dous edificios, que agora levan, a xeito de rúas, o nome dun total de trece mulleres que axudaron a construír a nosa historia. Dende a Raíña Lupa ata Maruja Mallo, pasando por María Castaña ou Emilia Pardo Bazán. En resumo, traballo en equipo de diversos departamentos para tan sinalada data. Igualmente, o noso centro está acollendo por estas datas unha interesante exposición sobre a persoa de Xela Arias, escritora sarriá, a quen se lle dedican as Letras Galegas 2021. Mostra formada por 12 paneis que lembran o seu vencello de nacemento e biográfico con Sarria, e onde aparecen recollidos numerosos traballos do alumnado do Xograr.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.