Arquivos mensuais: Marzo 2021

Infobiblio nº 16

Un novo exemplar do boletín que edítase dende a biblioteca. Desta volta o correspondente ao segundo trimestre do presente curso. Preme no enlace e poderás velo

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

Un xénero literario moi interesante, aínda que teña as súas dificultades e ás veces non sexa doado de entender. Pero non debe esquecerse. Animádevos a ler tamén teatro, por exemplo dos autores que escollemos este curso: Francisco Nieva, Euloxio Ruibal, Samuel Beckett e Lucy Kirkwood.

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Pascua…lectora

Chegan as vacacións que coinciden en marzo ou abril, depende do ano. Bo momento, e máis nas circunstancias actuais, para a lectura. Por iso, dende a biblioteca ofertámosvos ás últimas novidades chegadas á nosa biblioteca. Fondos mercados coas achegas monetarias do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2020/2021.

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Números de marzo

Estes son os números do mes de marzo, que aínda non rematou, pero os seus últimos días non son lectivos. Seguimos en grandes niveis, tanto de novos fondos catalogados, como de préstamos. Grazas a todos e todas pola colaboración. Lembrade a importancia que ten a lectura na nosa formación como persoas.

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Nova revista á vosa disposición

Por iniciativa do Departamento de Orientación o alumnado do Xograr dispón dende finais de marzo dunha revista dedicada aos estudantes. O número 238, do pasado febreiro da publicación “Entre Estudiantes” xa está á vosa disposición para consultar na propia biblioteca, sempre baixos as indicacións de hixiene necesarias, ou para levar prestada a casa. Que sexa do voso agrado…e da vosa utilidade.

 

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Os e as “poetas” do Xograr

…polo menos aqueles que tomaron parte na actividade proposta dende a biblioteca co gallo do 21 de marzo, Día Mundial da Poesía. Seguro que hai moitos máis, pero non nolo fixeron saber. Lara, Luis e Hugo (1º ESO C), Fabia (2º ESO A), Said (2º ESO B) e Aitana (3º ESO A) posan coas súas respectivas composicións. Parabéns a eles e elas!!!

 

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Libros de lectura obrigatoria- Segundo trimestre – Lingua Castelá e Lingua Galega

Nos documentos en pdf que atopades xunto a este texto tedes o listado de libros de lectura obrigatoria para o terceiro trimestre nas disciplinas de Lingua Galega e Lingua Castelá. Os libros xa están nos andeis correspondentes de “Lecturas Obrigatorias” da biblioteca. Igualmente é importante precisar que algúns dos títulos están dispoñibles en soporte dixital, tanto nos libros electrónicos do Xograr como na biblioteca “Galicia Le”. Podedes levalos xa nestas vacacións de Pascua para aproveitar estes días de descanso.

Lecturas obrigatorias- Castela-20-21-3º trimestre

Lecturas obrigatorias- Galego-20-21-3º trimestre

 

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

21 de marzo, Día Mundial da Auga

E para celebralo, dende o departamento de Ciencias Naturais artellouse unha actividade pensada para o alumnado de 1º ESO. A tarefa en si consistía en representar no interior dunha pinga debuxada nun papel de cores que significa a auga, ese ben tan prezado, para cada un de nos. Os traballos entregados están expostos nun panel, como podedes ver nas fotografías que acompañan este post.

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Dispoñibles os libros da 2ª reunión do Club Lector

Coa primeira reunión aínda fresca, xa se está a traballar na segunda reunión do club lector xograrino “ O Xograr Lector”. Ten datada a súa celebración para o vindeiro mércores 19 de maio. Aínda queda lonxe no tempo, pero xa tedes á vosa disposición os exemplares de “Wattebled o el rastro de las cosas” de Paco Gómez, escritor que estará presente na xuntanza telemática. Veñen agora as vacacións de Pascua e quizás é un bo momento para relaxarte e ler un libro cunha trama moi interesante. Pásate pola biblioteca nos tempos de lecer e poderás levar un exemplar.

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

20 mars, Journée Internationale de la Francophonie

E sobre esta data, o alumnado de 3º ESO A, B e C traballou nunha actividade artellada polo departamento de Francés. Tratábase de buscar información sobre os países do mundo onde se fala a lingua francesa. Traballos que presentan países de catro continentes, dende Francia ata Haití, pasando por Senegal ou Canada, aportando datos como habitantes, flora, fauna, ríos, etc. As achegas deste alumnado que cursa Francés como 2ª lingua estranxeira no noso centro escolar están visibles en dous paneis do “Eirado da Balteira, é dicir o vestíbulo do edificio 1.

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021