Arquivos diarios: 11 Febreiro 2021

11 de febreiro – Día da Muller e da Nena na Ciencia

Co gallo da celebración, o 11 de febreiro, do Día da Muller e a Nena na Ciencia, leváronse a cabo no noso centro diversas actividades para achegar as nenas ao campo científico e visibilizar a todo o alumnado as contribucións das mulleres científicas. Dunha banda, proxectaronse imaxes de #nomorematildas desde primeira hora da xornada nas pantallas das aulas para con esa imaxe vermella sorprender aos rapaces/zas. Igualmente proxectouse o vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=Fx0ztzf-2V0, tamén vencellado a esta data. A maioures, procedeuse a informar ao alumnado de que no tempo de lecer no patio cuberto poderían consultar uns paneis informativos con carteis sobre cientificas esquecidas nos libros de texto e quen quixera podería facer unha achega ou comentario no devandito panel. Para ampliar información, pódese visitar “No more Matildas” da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (https://www.nomorematildas.com) e acceder aos documentos adxuntos:

Manifesto-

Anexo sobre científicas que non aparecen nos libros de texto.

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

13 de febreiro, Día mundial da Radio

 

O 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio. O noso centro escolar dispón dunha Radio Escolar, “Radio Xograr”, que cumpre o seu cuarto curso de vida. Unha radio que, polas circunstancias de todos coñecidas, ven emitindo unha vez ao mes e de forma non presencial dende marzo 2020. Programas moi completos, cheos de seccións e que sempre buscan centrarse en todo o que atinxe á vida xograrina.

Todo é posible grazas ao esforzo e entrega dun gran equipo. Mateo Cumbraos Díaz, Widad El Makkas e Xabier Rodríguez Cabada, os tres de 2º ESO; Carla López Celeiro e Aitana Valcárcel López, de 3º ESO; Pablo García López, Yago López Yáñez e Andrés Pérez Fariñas, de 1º Bacharelato. Contando, por suposto, coa colaboración de toda a comunidade educativa do noso instituto e sendo coordinados polo profesor de Francés e dinamizador da biblioteca, Miguel Cumbraos Álvarez.

Escoitar “Radio Xograr” é ben doado. Tan so hai que acceder o seu enderezo da plataforma Ivoox (https://www.ivoox.com/escuchar-radio-xograr)  onde están gardados todos os programas. Feliz Día Mundial da Radio…feliz Radio Xograr. A radio é…vida!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Actualizando imaxes

Os nosos dous marcos dixitais, un no exterior da biblioteca, a carón da porta, o outro enriba do andel da Biblioteca Inclusiva e de Igualdade, veñen de actualizar as súas imaxes. Como sabedes son un soporte ideal para reproducir nas súas pantallas  o que se fi no noso centro, boa parte das cousas vencelladas á biblioteca. Durante un certo tempo deste curso escolar mantiveron tan so con reproducións de carteis vencellados ás normas COVID19. Agora, sen eliminar as anteriores, están actualizados con diversas fotografías que reflicten moitas actividades do curso actual. Lembrade que estes marcos dixitais teñen un temporizador que os acende ao principio do primeiro tempo de lecer (11h10) e os apaga cando remata o segundo (12h00).

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021