Arquivos mensuais: Febreiro 2021

En bici ao Xograr. Anímate a pedalear

“Mens sana in corpore sano”. Aforismo latino que lembra a necesidade de facer exercicio para que rendamos mellor. Chega a primavera, o momento de baixar ao rocho, limpar a bicicleta, axustar cambio e freo, verificar a presión das rodas. Poñer o casco e, sobre todo, respectar as normas de circulación. Anímate a vir ao Xograr pedaleando, como xa o fan profesores e alumnos. Queres saber máis cousas sobre este proxecto bautizado como “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear”?. Pois preme neste enlace: https://proxectaxograr.wordpress.com/

E lembra que hai certos detalles agardando para todos e todas aqueles e aquelas que cumpran unha serie de requisitos.

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Catalogación e préstamos – Febreiro 2021

Durante o mes de febreiro continuou aumentando o noso volume de catalogación, con novos fondos. E tamén seguemos cun gran ritmo de préstamos entre todos os membros da nosa comunidade educativa. A seguir nesta mesma dinámica, pois.

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Agasallos polo Dia do Amor e da Amizade

A biblioteca, en colaboración co profesorado do noso centro, artellou unha actividade  co gallo do 14 de febreiro, Día do Amor e da Amizade. Nela participou alumnado, profesorado e membros de familias. As mensaxes depositadas en urnas instaladas nos dous edificios foron posteriormente expostas de forma colectiva e as persoas que se identificaron  levaron o seu correspondente agasallo en forma de libros e material audio/vídeo.

Os participantes que recolleron na biblioteca o seu detalle foron Luis Pérez Miranda (1º ESO A) Ariane López López e Sheyla Matos López (1º ESO C), Antela López Domínguez (2º ESO A), Laura Boado Arias (2º ESO B), Wendy González Trindade, Antía López López, Nerea López Moreno e Xana López Vázquez (2º ESO C), Candela Fernández López e José Manuel López Novo (3º ESO C), Uxía Real Díaz (4º ESO A), Susana Gómez García (4º ESO B), Kevin Carrete Blandón , Janette Pérez Rodríguez e Florian Vázquez Hermann (4º ESO C), Abril López Vila e Yago López Yáñez (1º Bacharelato C) e Marina Cabada Fernández ( nai)

Parabéns  a todos e todas!!!

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

14 de febreiro: Día do amor e da amizade

Dende a biblioteca do noso centro escolar convocamos unha actividade de redacción e presentación de mensaxes de amor, afecto, cariño. O abano de destinatarios era moi grande e existía a posibilidade de compoñelo nunha das catro linguas vivas que se estudan no centro, así como en latín ou grego. Podemos considerar positiva a participación, con textos en castelá, galego, francés e inglés, de alumnado, profesorado e incluso membros de familias. De momento están expostos no vestíbulo do Edificio 1, para que poidan ser lidos por todos os/as interesados/as. Posteriormente, como rexía nas bases desta acción, procederase a agasallar aos participantes que identificaron o seu texto. Grazas a todos e todas pola vosa participación.

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

11 de febreiro – Día da Muller e da Nena na Ciencia

Co gallo da celebración, o 11 de febreiro, do Día da Muller e a Nena na Ciencia, leváronse a cabo no noso centro diversas actividades para achegar as nenas ao campo científico e visibilizar a todo o alumnado as contribucións das mulleres científicas. Dunha banda, proxectaronse imaxes de #nomorematildas desde primeira hora da xornada nas pantallas das aulas para con esa imaxe vermella sorprender aos rapaces/zas. Igualmente proxectouse o vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=Fx0ztzf-2V0, tamén vencellado a esta data. A maioures, procedeuse a informar ao alumnado de que no tempo de lecer no patio cuberto poderían consultar uns paneis informativos con carteis sobre cientificas esquecidas nos libros de texto e quen quixera podería facer unha achega ou comentario no devandito panel. Para ampliar información, pódese visitar “No more Matildas” da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (https://www.nomorematildas.com) e acceder aos documentos adxuntos:

Manifesto-

Anexo sobre científicas que non aparecen nos libros de texto.

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

13 de febreiro, Día mundial da Radio

 

O 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio. O noso centro escolar dispón dunha Radio Escolar, “Radio Xograr”, que cumpre o seu cuarto curso de vida. Unha radio que, polas circunstancias de todos coñecidas, ven emitindo unha vez ao mes e de forma non presencial dende marzo 2020. Programas moi completos, cheos de seccións e que sempre buscan centrarse en todo o que atinxe á vida xograrina.

Todo é posible grazas ao esforzo e entrega dun gran equipo. Mateo Cumbraos Díaz, Widad El Makkas e Xabier Rodríguez Cabada, os tres de 2º ESO; Carla López Celeiro e Aitana Valcárcel López, de 3º ESO; Pablo García López, Yago López Yáñez e Andrés Pérez Fariñas, de 1º Bacharelato. Contando, por suposto, coa colaboración de toda a comunidade educativa do noso instituto e sendo coordinados polo profesor de Francés e dinamizador da biblioteca, Miguel Cumbraos Álvarez.

Escoitar “Radio Xograr” é ben doado. Tan so hai que acceder o seu enderezo da plataforma Ivoox (https://www.ivoox.com/escuchar-radio-xograr)  onde están gardados todos os programas. Feliz Día Mundial da Radio…feliz Radio Xograr. A radio é…vida!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Actualizando imaxes

Os nosos dous marcos dixitais, un no exterior da biblioteca, a carón da porta, o outro enriba do andel da Biblioteca Inclusiva e de Igualdade, veñen de actualizar as súas imaxes. Como sabedes son un soporte ideal para reproducir nas súas pantallas  o que se fi no noso centro, boa parte das cousas vencelladas á biblioteca. Durante un certo tempo deste curso escolar mantiveron tan so con reproducións de carteis vencellados ás normas COVID19. Agora, sen eliminar as anteriores, están actualizados con diversas fotografías que reflicten moitas actividades do curso actual. Lembrade que estes marcos dixitais teñen un temporizador que os acende ao principio do primeiro tempo de lecer (11h10) e os apaga cando remata o segundo (12h00).

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Exemplares dispoñibles – Club Lector 1

Xa tedes a vosa disposición (alumnado, profesorado, persoal de servizos) os exemplares da primeira reunión do Club Lector “ O Xograr Lector”. Como se vos anunciou neste mesmo blog a primeira reunión, que será telemática, terá lugar o vindeiro mércores 10 de marzo. O libro en cuestión é “ O axolote e outros contos de bestas e auga”, da escritora Lara Dopazo, que podedes levar en préstamo para as vosas casas. Lembrade tamén que debedes falar co profesor de Ciencias Sociais, Xosé Lois Gutiérrez Faílde, coordinador do Club Lector para anotarvos e participar nesta actividade tan instaurada na vida xograrina.

 

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Listado de fondos da Biblioteca Inclusiva e de Igualdade

Xa está a disposición de todos os usuarios un listado con estes fondos, recentemente ordenados, catalogados e correctamente colocados. Hai unha copia nos propios andeis de dita biblioteca, así como no taboleiro de cortiza con novas da biblioteca na sala de profesores. Igualmente tedes aquí unha copia en soporte informático. Agardamos que sexa de utilidade, lembrando que dito listado está ordenado alfabeticamente por títulos, contando tamén co número de rexistro e o nome do autor ou autores de cada publicación.

Listado libros Biblioteca Inclusiva e de Igualdade

 

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Club Lector ” O Xograr Lector”: libros, data e forma de anotarse.

Outro día falábamos da sección adultos – on line do noso Club Lector. Agora concretamos máis da versión pensada para alumnado, principalmente. Será vía telemática, os vindeiros mércores 10 de marzo e 19 de maio. Na primeira traballaremos arredor do libro  “O axolote e outros contos” de Lara Dopazo. E na segunda co texto ” Wattebled o el rastro de las cosas” de Paco Gómez, escritor que estará en dita reunión. Agardamos que, pese as circunstancias, sexades moitos os participantes. En breve teredes na biblioteca os exemplares da primeira obra para ler. E para anotarvos, de cara á organización da actividade telemática, falade directamente co coordinador de “ O Xograr Lector”, o profesor de Ciencias Sociais Xosé Lois Gutiérrez Faílde. Non o dubidedes e tomade parte nesta actividade tan instaurada na vida xograrina.

 

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES 2010-2011