Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

Hoxe, 3 de decembro, dende o Xograr conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional. As alumnas do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia puideron desfrutar do documental “Entreparadas: viaxa con nós” e do debate posterior cun dos seus protagonistas, Félix González, ao que dende aquí agradecemos as importantes reflexións que nos deixou en favor da inclusión de todas as persoas. A maiores, o profesorado do Ciclo, organizou a iniciativa “Flocos de Millo pola Inclusión”, propoñendo para todo o centro unha serie de curtametraxes, películas e obras literarias que nos amosan as capacidades das persoas con discapacidade.

Alumnado e profesorado do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia elaboraron unha particular carteleira de cine, na que figuran os carteis de cada unha das películas seleccionadas con mensaxes personalizadas. Xunto coa carteleira presentáronse propostas literarias adaptadas a cada nivel educativo, No andar baixo dos dous edificos puxéronse expositores coas lecturas escollidas e as carteleiras elaboradas.

A esta iniciativa uniuse tamén o profesorado do Colexio Frei Luis de Granada que este ano comparte connosco as instalacións e o IES Lois Peña Novo de Vilalba. Unha experiencia chea de aprendizaxes para pór en práctica no noso día a día. Grazas a todos por compartila!

 

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.