Non podíamos esquecer na biblioteca esta data tan sinalada e necesaria. Por iso, dun xeito ou outros colaboramos nas diversas accións que tiveron lugar. Dunha banda o acto que desenvolveuse ese mesmo día no patio cuberto, coa lectura dun manifesto por parte do alumnado, así como da presentación dun mural elaborado por rapaces e rapazas de 4º da ESO na materia de Educación Plástica.
Igualmente nese acto, que repetiuse nos dous leceres existentes e sempre respectando as necesarias medidas sanitarias, tivo lugar a lectura de lemas elaborados por alumnos e alumnas, amosándose tamén no vestíbulo do edificio 1 o traballo realizado nas titorías, así como unha selección de libros coa igualdade como epicentro da súa temática.
Xuntamos diversas fotos, o manifesto lido, así como o enlace ao vídeo “ Morra o conto” realizado por alumnos e alumnas de 2º ESO, coordinados pola súa titora.