Alumnos e alumnas ….moi lectores e lectoras

Cada vez que un curso escolar achégase a súa fin, dende a biblioteca do Xograr tentamos de ter un detalle co alumnado que levou máis fondos no período que vai de mediados de setembro a finais de xuño. Un pequeno agasallo en forma de libro por ser “os e as máis lectores e lectoras”.

Claro está que o que tíñamos norma de facer, dígase reunilos nun tempo de lecer na biblioteca, darlles a escoller un fondo e facer unha foto de grupo, non vai ser posible. Pero si que é viable é que eles e elas recollan a súa merecida recompensa na conserxería do Xograr no horario de mañá.

Parabéns, pois a Chaneli Bonilla Alcántara e Patricia Rodríguez Díaz (2º Bacharelato A), Érika Pérez Tallón (4º ESO B), Elma Carvalho Carneiro e David Ismael Fernández Campo (3º ESO A), Estefanía Camila García Pérez (3º ESO B), Carla López Celeiro e Estefanía López Valladares (2ºESO A) , Karla Johana Sosa Sendión (2º ESO B), Yago Rodríguez López (2º ESO C), Nerea López Moreno (1º ESO A), Gabriela María Lupu e Xabier Rodríguez Cabada (1º ESO B) e Myriam Montalbán Riera (1º ESO C). E, como non, que sigan lendo…a ser posible…moito.

Códigos QR para ler en soporte dixital

A Asesoría de Bibliotecas Escolares ven de facilitarnos máis ferramentas para seguir lendo, desta volta en soporte electrónico. Tedes neste post un total de 13 imaxes que fan referencia a cada un dos carruseis da plataforma “Elbe2”, da que forma parte o noso centro escolar. Cada unha delas contén un código QR que facilita o acceso á páxina web e permite achegarse a numerosas obras dixitais. É un bo momento de dar un paso máis e a través do teu teléfono móbil, libro electrónico, tableta, ordenador e aproveitar o tempo das vacacións que se aveciña. Ler é o que conta, descubrir outras formas de facelo, aínda máis nos tempos que vivimos, un reto no que non tes nada que perder…e quizás moito que gañar.

 

 

 

Radio Xograr pecha o seu terceiro curso de vida

Quinto “Radio Xograr dende casa”, esta vez con minutos para a valoración dos propios locutores do programa. Igualmente non podían faltar as opinións de docentes que impartiron clase a distancia, así como das tres matrículas de honra da promoción que acaba de terminar 2º de Bacharelato. Música, consellos literarios, así como outras seccións habituais no último programa do presente curso.”
Preme na ligazón e poderás escoitar outro programa moi completo e variado.

Tríptico libros electrónicos

Acaba de saír do “forno” da túa biblioteca. Explicación de toda a nosa oferta en materia de libros electrónicos, unha ferramenta indispensable nos momentos que nos toca vivir.
Preme na ligazón e accedes directamente a el.

Folleto libros electrónicos 2020-2021

Agardamos que vos guste e vos animedes a descubrir este outro interesante sistema de lectura.

 

5 de xuño – Día do Medio ambente

5 de xuño. Día no que se recoñece ao medio ambiente. Nesta celebración fanse moitas cousas. Nos quixemos aportar o granito de area con esta completa achega que fixo o Departamento de Ciencias Naturais. Reflexión, consellos, un texto sobre as Aceas sarriás, e incluso a voz de dous locutores de Radio Xograr invitándonos a gozar de dito espazo. Trátase de facer conciencia para coidar o noso entorno, cousa que non todo o mundo fai.

Consellos

Reflexión

Natureza sarriá

https://drive.google.com/file/d/1UGeiR49kPUPL4lIyhpktVWq01j5fbafz/view?usp=sharing