Semana das Letras Galegas 2020- Ricardo Carballo Calero – Achega 5 – Venres 15 de maio

Venres, a semana chega a súa fin, pero aínda quedan sábado e domingo para seguir lembrando a Ricardo Carballo Calero e as Letras Galegas 2020. Hoxe, en condicións normais, tocaba programa de Radio Xograr, no tempo de lecer, pero xa sabedes que a nosa emisora segue emitindo…pero dende casa…e non cada sete días, COVID19 obriga. Pero desta volta, redobrando enerxías e a piques de subir un novo programa a súa plataforma en internet (https://www.ivoox.com/radio-xograr_aj_18217017_1.html) a nosa emisora quixo darnos a coñecer un pouco máis da vida e da obra do intelectual ferrolán. Locutan, dende os seus respectivos fogares, Aitana Valcarce López (2º ESO C), Carla López Celeiro (2º ESO C), Daniel Rodríguez Cabada ( 4º ESO A) e Tomás Cumbraos Díaz ( 1º Bacharelato A), con música de fondo de “A Minha Embala – María Siléncio” (Letra em legendas de Ricardo Carvalho Calero).

https://drive.google.com/file/d/1XPdPyKFqqW39wgXlc_m5MXFv5C3B4-99/view?usp=sharing