Semana das Letras Galegas 2020- Ricardo Carballo Calero – Achega 4 – Xoves 14 de maio

XOGANDO TAMÉN SE APRENDE:

Sabiades que no ano 1951 Carballo Calero creou unha peza teatral titulada O  REDONDEL?

É unha recreación ou adaptación dramática doutra obra teatral chinesa de Li Hsing-Tao onde se reflexiona sobre a xustiza, a mentira e os intereses económicos. Abofé que estas verbas as escoitades hoxe a cotío ou as ledes na prensa. Sen dúbida están de plena actualidade.

Pois seguro que a partir de agora non esqueceredes ese título, e máis aínda se o relacionades con estoutro redondel. Cal? O que poderedes ver no XOGO DE PASAPALABRA creado por Gisela Villanueva Rio e Judith Villasol Teijeira, ámbalas dúas alumnas de 1º Bacharelato A. Parabéns a elas pola súa creatividade, e como non,  para os xogadores que aprenden!

Presentación Carballo Calero