Semana das Letras Galegas 2020 – Carballo Calero – Achega 2 – Martes 12 de maio

Deixamos uns dias as normativas oficiais das linguas e proponhemos-vos várias actividades para aprender algo máis de Ricardo Carvalho Calero, aproveitando que se lhe dedica a el o Dia das Letras Galegas 2020, este domingo 17 de Maio.

Partilhamos com vosoutras várias ligazóns de xogos nos que aprenderedes moitas cousinhas sobre a sua vida: onde naceu, canto estudou, quem era a sua crush, por que quixo escrever com LH e NH-acentuar doutro xeito-trocar BxV… como estamos a facer agora mesmo! Em definitiva, por que dianhos devemos recordar esta pessoa?

Mergulhade nos sítios web que queirades (hai diferentes níveis entre os que podedes chimpar) e logo podedes inventar um FINAL CREATIVO E REINTEGRATA para o conto de Carvalho… aproveitando as vossas aprendizaxes 😉

  • NÍVEL 0: DON DIDARDO:

https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo

Pequeno vídeo de 5 minutos feito por rapazada sobre a vida de RCC + Cuestionario test sobre o visionado (atenta!)

 

  • NÍVEL 1: XOGAR COA PITA, PRIMAVERA DAS LETRAS:

http://primaveradasletras.gal/

Actividades de relacionar termos, escolher, completar, etc. arredor do conto de Carvalho Calero ‘As pitas baixo a chuvia’, de investigación sobre a súa vida… e moitas máis na mesma web da Real Academia Galega (RAG)

  • NÍVEL 2: REINTEGRATA YOUTUBER:

https://www.youtube.com/watch?v=Q3TjS_FNnlY

O influencer Olaxonmario fala sobre o parentesco da língua galega coa portuguesa (Olho: é uma pista de por que escrevemos assím!)

  • NÍVEL 3: XOGOS DE CRAQUE!

https://es.educaplay.com/usuario/2610925-associacom_galega_da_lingua/

Ruleta de palavras (tipo ‘Pasapalabra’), Sopas de letras, Memorizacióm de imaxes… (vaites, estes xa nom som tan sinxelos! :P) desenhados pola Associaçom Galega da Língua (AGAL)

  • NÍVEL 4: O VELHO NA TVG

https://www.youtube.com/watch?v=O3ZGMz2m4Tg

Vídeo duma histórica intervencióm de Ricardo Carvalho Calero na TVG, na que fala sobre o futuro do galego. Imaxinava-lo com essas pintas e xeito de falar?

 

  • FINAL CREATIVO

Le as seguintes linhas (tiradas do livro Scórpio de RCC) e, depois, continua o relato livremente (mínimo 10 linhas) escrevendo em galego reintegrado!*

“Antonia deu onte a luz. Foi um parto normal. A parteira nom achou dificultades para realizar o seu cometido. Nom houbo que chamar médico algúm. Agora, a mai e o neno xacem na humilde cama. A criatura é fermosa, de bo peso, cuma abundante peluxe loira na cabeza. Aperta os punhos e os olhos cando está durmido, a caróm da mai, saciado o seu apetito de leite materno. O leite flúe naturalmente do peito de Antonia. Todo está bem. No medio da pobreza que os rodeaba, mai e filho dabam uma sensacióm de saúde, aínda que o quebranto do parto em Antonia se reflectía no apagado azul dos seus olhos e na palidez das súas faces, habitualmente rubias, e o meninho tinha ese ar inevitábel de coelho encolhido, de cousa imperfeita, de realidade aínda nom calhada que amosam sempre as descendentes humanas durante os primeiros tempos do seu vivir. Repousada sobre do cabezal que eu lhe trouxera de abaixo, para facer máis cómoda a súa postura, e que colocara sobre a súa almofada, Antonia bebería rápido e em silencio o caldo de galinha obsequio da vecinha de abaixo. Falaría aquel día moi pouco, mais nim Mercedes nim eu a forzaremos nunca a conversas que nom lhe apetezam. Penso que aínda nom se decatara bem da súa situacióm, com ese filho que lhe creará moitos problemas. Gardaba celosamente o seu segredo. Sem dúbida, o pai nom asumira publicamente a súa responsabilidade de proxenitor. Um crego? Antonia nom frecuentaba as sacristías. Antonia era unha rapaza leda, afábel, sinxela, e tamém atea. (…)

E como vivirá? Na bufarda em que mora, poucos gastos tem. Mais… se come do trabalho da súa agulha… que fará co neno cando vaia coser ás casas? Poucas amigas tem, e pobres coma ela. Axudaríana se puidesem. Que poderiamos facer por esta nai e este filho os seus vecinhos? Faremos o que poidamos. E pola Xustiza ou pola Igrexa habería que exixirlhe a ese infeliz axuda para a mulher que perdeu e o filho que enxendrou.”

1º capitulo de Scórpio (1987), de Ricardo Carvalho Calero (editado ad hoc)

*RECORDA: O galego reintegrado (ou reintegracionismo, ou galego internacional) é uma normativa nom oficial na que alguma xente acredita porque nos achegaria moito máis ao nosso vecinho povo portugués (e, inda máis, ao brasileiro, angolano, moçambiquenho…) pois escrevariamos moi parecido. Estas som as normas que devedes cumprir na vossa escrita (som as mínimas que usam as ‘reintegratas’, como chamam este coletivo):

– ESCREVE ‘NH’: sempre que fosses ponher ‘Ñ’

– ESCREVE ‘LH’: sempre que fosses ponher ‘LL’

– ESCREVE -M (final de palavra): sempre que fosses poñer -N (final de palavra)

– SEPARA COM GUIÓM OS PRONOMES ÁTONOS: por exemplo, “deixei-che o lapis”, “da-me um bocadinho”, “flipei-me moito coa história”…

Morremos de ganas por escoitar-vos! Ao rematardes, podedes mandar os vossos finais ao correo electrónico da biblioteca xograrina!)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: