Semana das Letras Galegas 2020 – Ricardo Carballo Calero- Achega 1- Luns 11 de maio

Comezamos hoxe un percorrido pola figura de Ricardo Carballo Calero, a quen se lle dedican as Letras Galegas 2020. E dende a biblioteca quixemos, coa forma particular que estamos a vivir dende o pasado 13 de marzo, impulsar diversas accións. Non son as que faríamos, en condicións normais, pero puxemos ilusión e empeño en crear algo quizás diferente, pero tamén completo. Cada día, dende hoxe luns 11 ata o vindeiro domingo 17, iremos engadindo achegas diversas, en formatos diferentes, relacionadas co intelectual ferrolán. Todo é posible grazas ao Departamento de Lingua Galega e ao Equipo de Normalización Lingüística ( Lola, Mª Xosé, María e Lucas), aos locutores de Radio Xograr, Aitana, Carla, Daniel e Tomás, así como a outros alumnos e alumnas do noso centro escolar. Arrincamos hoxe, lembrando a exposición que tivemos no noso centro a principios de ano.