Hoxe 9 de maio é o Día de Europa, en conmemoración da Declaración Schuman, que en 1950 puxo a Europa na senda da actual Unión Europea. Hoxe lembramos os valores fundacionais da nosa Unión: unidade e solidariedade en Europa.
Na loita contra o COVID-19, a Unión Europea amósanos que a forza radica na solidariedade, xa que estamos ante unha crise que solo poderemos superar xuntos.
O Parlamento Europeo ten pensado unha serie de actos para o día de hoxe. Podedes seguilos na seguinte ligazón Sépalo todo sobre el Día de Europa 2020 y páselo con nosotros
Se vos invita a unirse para render homenaxe tanto aos europeos que fixeron historias en 1950 como aos que están a forxala hoxe mesmo. Seredes guiados polo hemiciclo, mergullarédesvos na historia do Día de Europa e falaremos das moitas formas nas cales a solidariedade europea está vencendo ao COVID-19
Buscade #EuropeDay nas redes sociais e participade no debate sobre o que Europa significa para cada uno de nós. Hai mesmo unha playlist de Spotify especialmente dedicada a este Día (incluso podedes enviar as vosas suxestións musicais para completala). A maiores tedes unha exposición en liña sobre a historia da Declaración Schuman e do Día de Europa.
Estamos recompilando igualmente imaxes e vídeos de bandeiras europeas en toda Europa, colgados de fiestras ou balcóns, que vanse “subindo” ao evento dispoñible en Facebook.
Tamén queremos render homenaxe aos europeos que están marcando a diferencia, por pequena que esta sexa, na loita contra o COVID-19. Estamos reunindo historias de investigadores, persoal sanitario, científicos, profesores, amigos e veciños unidos na superación deste reto. Engade a túa historia utilizando #EuropeansAgainstCovid19 nas redes sociais.
Contamos contigo!!!
Información facilitada polo equipo de atención aos visitantes do Parlamento Europeo.