Arquivos mensuais: Abril 2020

Máis títulos en E-LBE-2

No día de hoxe incorporáronse máis de douscentos novos títulos á colección disponible na plataforma E-LBE.2 de Lectura dixital. Ademáis de enriquecer o catálogo de literatura infantil, xuvenil e tamén para persoas adultas da comunidade educativa

Nesta ocasión incorpórase un bo número de fondos de carácter informativo (sobre ciencia, historia, filosofía, economía, comunicación, cinema… sobre a propia educación, e moi en especial, sobre a lectura e as bibliotecas); estes títulos inclúen tamén varias publicacións periódicas de temática moi diversa, e un pequeno número de “audiolibros”.

E se queres probar esta ferramenta, manda un correo a biblioxograr@gmail. com e te explicamos.

 

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2019-2020

Un pouco máis de cine….

…coa suxestión que temos para o mes de maio, que chega en breve.

Grazas de novo a Jesús Corredoira pola súa achega e a Sol Rodríguez pola preparación da maqueta correspondente.

Cine, pois, ….na casa

Cine Maio

 

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2019-2020

O aforismo de abril….

Non podíamos faltar á cita coas achegas do Departamento de Clásicas.

E ainda mais, cun aforismo moi apropiado ( grazas a Paz López Macía e ao seu alumnado)

smart

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2019-2020

VII Festival do Día do Libro e Día do Deseño Gráfico

Outro enorme e fermosísimo traballo, feito desta volta polo alumnado de 2º de Bacharelato. Co gallo do Día do Libro, puxeron  en marcha, dende as súas casas, o VII Festival do Día do Libro, actividade que cada abril artella o Departamento de Lingua e Literatura Caastelá. E dita acción educativa, contou coa axuda do Departamento de Plástica, que quixo deste xeito celebrar o vindeiro 27 de abril, Día do Deseño Gráfico.

Grazas a todos e todas que o fixeron posible. E, por suposto, parabéns!!!!

 

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2019-2020

Máis ferramentas

Queredes gozar cun vídeorelato? E queredes aprender unha serie de símbolos literarios? Pois prema na ligazón que xuntamos ( Grazas Lola Chaos Monasterio por esta fermosa achega!!!)

https://drive.google.com/file/d/1bcoQCN_VLTWRBG2U0e_FDUgzj2cJpZ5w/view?usp=sharing

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2019-2020

Que siga o ritmo: Refrán de abril e unha fábula

Un mes moi dado á sabiduría popular.

Aquí temos un exemplo que nos achega Mª Xosé García Barallobre, profesora do Departamento de Lingua Galega e Literatura.

(PD: Agardando poder camiñar pos esa area de praia….)

E tamén unha presentación que nos achega Jesús Corredoira Lópèz, dunha moi coñecida fábula. Un xénero literario que nos ensina moitas cousas, tendo aos animais como protagonistas

Fábula, La cigarra y la hormiga

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2019-2020

Día do Libro 2020- Cóidate, lendo

…e máis desta volta. Día do Libro 2020.

Grazas todos e todas os/as participantes que fixeron posible este traballo multimedia, colaborativo e interdisciplinar.

Feliz 23 de abril…aínda que sexa nestas circunstancias. Pero lendo, tamén sairemos moi reforzados.

https://drive.google.com/file/d/1i6MCVIb9T7MoU2EgXHz8ogQz7jorq20W/view?usp=sharing

 

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2019-2020

22 de abril – Día da Terra

DÍA DA TERRA

As xeracións futuras dificilmente perdoarán a nosa falta de preocupación prudente pola integridade do mundo natural que sostén toda a vida”. Estas verbas correspóndense cun pequeno fragmento da obra Primavera silenciosa, de Rachel Carson.

Hoxe, 22 de abril, é o Día da Terra. Si, dese planeta do Sistema Solar o cal segue a ser o único no que se coñece a existencia de vida. Ese planeta que acolle a todas as especies por igual, coidando delas con agarimo e loitando por manter o equilibrio ecolóxico global. Mais o agarimo que a Terra concede de xeito naturalmente altruísta non sempre é recoñecido, chegando a romper ese equilibrio e afectando por igual ao planeta e ás especies no seu conxunto, pois ambos elementos constitúen un todo indisociable.

O ser humano é a especie depredadora por excelencia. Situado no cumio da pirámide trófica aproveita todos cantos recursos están ao seu alcance, esquecendo o funcionamento e a importancia dos ciclos naturais; os mesmos ciclos que lle permitiron chegar ao desenvolvemento actual do que tanto alardea, dende os avances na agricultura e a gandería ata a medicina ou a tecnoloxía máis moderna.

As palabras de Rachel Carson, aínda que encadradas no ano 1962, non ían desencamiñadas. Nós somos parte das xeracións futuras das que ela fala, as que comezamos a experimentar as consecuencias do abuso de poder do ser humano fronte á natureza. Con todo e iso, semella que sesenta anos despois, aquel que se fai chamar a si mesmo nada menos que Homo sapiens sapiens segue a ter problemas para interpretar as mensaxes do planeta.

Nas últimas décadas, a Terra suplica de forma silenciosa respecto aos seus ritmos e aos seus límites naturais. É o noso deber escoitala. Polo ben da súa supervivencia, polo ben da nosa.

( Grazas a Diana Alvite Mouzo, profesora de Ciencias Naturais, por esta magnífica achega).

Imaxes: Os antípodas de Galicia, Nova Zelandia, un dos poucos lugares do planeta onde o ser humano aínda convive en relativa harmonía co medio natural. Fotografías tomadas por Xurxo Mariño na súa viaxe arredor do mundo, relatada con gran esmero na obra Terra (2017).

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2019-2020

Chega o día do libro 2020….

…e na biblioteca do Xograr non queremos esquecelo.

Desgraciadamente, temos a nosa biblio pechada, o mesmo que a pública “Camilo Gonsar”, así como as librarías. Pero isto non é un impedimento para seguir lendo. Co que temos na casa ou coas opcións dixitais que se nos ofrecen. Aquí tedes unha nova para seguir nelo. A que nos ofertan dende a Rede de Bibliotecas de Galicia.

A aproveitalo, por suposto.

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18643-libros-e-peliculas-online.

 

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2019-2020

23 de abril – Día do Libro

Chega o 23 de abril, Día do Libro. E dende a biblioteca do noso centro non queremos deixar pasar dita efeméride. Así que artellamos a seguinte actividade.
Quen queira participar nesta acción, deberá gravar un pequeno vídeo no lugar onde practique a lectura no seu domicilio ( a ser posible, evitade a cama). E en dito vídeo ten que escoitarse a consigna “ Cóidate, lendo”)
Ditas gravacións enviáranse ao correo titoriaxlgf@gmail.com . Cos achegas de todos e todas (que agardamos sexan moitas!!) faremos unha montaxe que difundiremos oportunamente. Data límite: luns 20 de abril
Así que, xa sabes, cóidate…lendo….e participando neste singular Día do Libro.

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2019-2020