21 de marzo Día Internacional da Poesía

Tempo tamén para ler poesía. Celebrámolo con esta magnífica aportación de Ana Belén Duran Pernas, profesora de Lingua Castelá e membro do equipo de Biblio Xograr. Grazas Ana Belén!!!!

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

¿Qué es la poesía? Una herramienta quizá de las más efectivas en los momentos peores de nuestra vida. Por mucho consuelo que tengas, llega un momento en que estás solo y sólo tienes a tu disposición la poesía y la música, y poco más”.

Firmado: Joan Margarit, Premio Cervantes 2020

No Día Internacional da Poesía estas palabras antóllansenos máis certas que nunca. E se nos paramos a analizar todos os mensaxes que recibimos cada día polos diferentes medios, percibiremos que os que máis nos enganchan, aqueles  que compartimos de forma case compulsiva da emoción que nos embarga, son aqueles que nos resultan máis poéticos  e polo tanto máis fermosos. Trátase dunha fermosura que nace non só da voz  ou da música que ás veces acompañan estes textos, senón  sobre todo das palabras que nos traducen sentimentos e vivencias que nestes días  todos estamos a vivir pero que non sempre sabemos expresar.

Deste xeito, reeditamos vellas cancións que transformamos en himnos porque, como poemas que son,  teñen as palabras  que queremos escoitar, que nos lembran que somos humanos cunha capacidade de reacción insospeitada, que non asumimos freos, senón retos, e que somos individuos pensantes e creativos. Textos nos que as palabras  se converten   nun auténtico manancial de esperanza.

“Non quero rosas, desde que haxa rosas.

Quéroas só cando non as poida haber…”- Dicía Pessoa,

Non son nada.

Nunca serei nada.

Non podo querer ser nada.

Á parte diso, teño en min todos os soños do mundo.

Pessoa ilumina a nosa existencia.

Toda a filosofía humana cabe nestas palabras que hoxe , desprendidos da coraza que  habitualmente nos envolve e insensibiliza,  adquiren toda a súa dimensión. Agora que nos sabemos fráxiles e desprotexidos, vítimas dos deuses máis minúsculos e astutos,  descubrimos ese gran buraco escuro no que se asentaban as palabras de tantos poetas que non encaixaban nas clases…Era difícil entender a Machado cando dicía “Hoxe  é sempre todavía” ou a Rubén Darío  cando desexaba “Dichoso el árbol que es apenas sensitivo” ou  a Cernuda cando proclamaba “Cómo llenarte soledad, sino contigo misma” …Pero a poesía non sempre é derrotista, no seu universo atopamos como  dicía Pessoa as verdadeiras razóns. Versos nos que ansiamos que chegue o día no que, ao cabo, as cousas deixen de vir mal dadas; onde nos animan a darlle vida aos soños que alimentan a nosa alma; onde  a xeito de memorándum nos animan a “gozar mentres poidamos” e ante a pregunta de quen me roubou o mes de abril que cantaba o poeta e cantante Joaquín Sabina , a vida nos responda:

“Mira , aquí me tes…, VOLVE A INTENTALO”

 

QUE A POESÍA TE ACOMPAÑE!!!!