Papel e lapis

Dende a biblioteca do Xograr, a vosa “biblio” non queremos estar alleos a este tempo no que o teletraballo permítenos non perder o contacto coa aprendizaxe e seguir avanzando na nosa formación. Por iso o equipo que forma BiblioXograr considerou achegar aos poucos accións que, unha vez rematados os deberes que tedes que ir facendo de cada unha das vosas respectivas materias, ocupen o voso tempo en cousas consideradas produtivas e interesantes.

Imos empezar pola escritura. É un bo momento para darlle forma a esas ideas que pasan pola túa cabeza e darlle forma de poesía, relato, artigo, ensaio, etc. Ten en conta estes sinxelos consellos de matices que debes evitar a toda costa:

  • Impoñerse a un mesmo o deber de ser xenial
  • Querer demostrar a túa valía e ambición dicindo demasiadas cousas
  • Non caer na conta de que nun relato o que non suma, resta
  • Non terminar de aceptar que eliminar é tan importante que engadir
  • Iniciar un texto sen saber moi ben o que se quere narrar e de que forma
  • Desprezar a importancia dun desenlace que bote luz sobre o narrado e xustifíqueo
  • Esquecer a funcionalidade de cada palabra e cada frase en relación co que desexamos comunicar.
  • Contentarse con contar a historia sen darlle un toque persoal
  • Como ben sabes, poñerse demasiado transcendental non é bo.
  • Considerar que existen fórmulas para facer un bo relato.

Así que, colle papel e lapis ou prende o ordenador e….