CONMEMORACIÓNS DO 8 DE MARZO

CONMEMORACIÓNS DO 8 DE MARZO

Nestes días estamos a relizar unha serie de actividades para conmemorar o Día da Muller traballadora. Entre elas destacan:
– Desenvolvemento nas titorías da Unidade didáctica “Para que non nos falte ninguén” co cobxectivo de poñer nome e cara as mulleres que fixeron historia e son presente e futuro, creando referentes femininos para as novas xeracións.
– “Rueiro feminista”. Constatando a invisibilidade, esquecemento e descoñecemento das voces femininas da historia, queremos reivindicar a necesidade de incorporar ao rueiro da vila os nomes das mulleres máis representativas para a nosa comunidade, sexan estas referentes locais, nacionais ou universais. Un protagonismo que cómpre salientar coma exemplo do que foron, como referente no presente e exemplo a seguir no camiño futuro.
A nosa reivindicación do 8M 2020 consiste no bautizo, a xeito de rúas, dos corredores do noso centro cos nomes dalgunhas desas mulleres silenciadas ou non suficientemente coñecidas.
Bautizouse cada corredor co nome de Mulleres salientables en diferentes ámbitos.
Edificio1:
– Corredor Biblioteca: Rúa Rosalía de Castro
– Corredor Cafetería: Rúa Xela Arias
– Recibidor principal: Eirado da Balteira
– Corredor 1ºBach: Rúa Margarita Salas
– Corredor 4ºESO:Rúa María Casares
– Recibidor 1º andar: Eirado de María Pita
– Corredor 2ºBach: Rúa Maruja Mallo
– Corredor Ciclo: Rúa Concepción Arenal
– Recibidor 2º andar: Eirado de María Soliña

Edificio 2:
– Recibidor: Eirado de María Castaña
– Corredor: Rúa Clara Campoamor
– Corredor 1º andar: Rúa Emilia Pardo Bazán
– Corredor 2º andar: Rúa Raíña Lupa

Outras actividades:
– Cuña radiofónica con información sobre o tema no programa de radio do venres 6 de marzo
– DJ Xograr “Música pola igualdade”, nos recreos.
– Acto reivindicativo contra a discriminación por parte do alumnado e profesorado do Ciclo Medio de Atención a persoas en situación de dependencia. Elaboración dunha pancarta e lectura dun manifesto na carreira da Muller.