Segunda reunión do Club Lector “O Xograr Lector”

Xa temos libro ( “Carrie” de Stephen King) e data ( mércores 18 de marzo, 15h45) para a segunda reunión do noso Club Lector.

E xa tedes os exemplares de dita novela á vosa disposición na biblioteca.

Anota, pois, na túa axenda: pasar coller un exemplar e participar na sesión presencial.

Agardámoste!!!